baiona.org

Visor de contenido web

A avaliación é un proceso de reflexión e análise dos datos obtidos a través da articulación dun sistema homoxéneo de seguemento, que sirve para poder determinar o grado de eficacia e eficiencia. A avaliación así entendida ten que ser sistemática e periódica.

Obxectivos da avaliación:

  • Coñecer o grado de cumprimento do Plan.
  • Coñecer como se executou o Plan.
  • Proporcionar a información necesaria para poder tomar decisións en canto á consecución dos obxectivos, a súa aplicación e o seu impacto na pobación.

Para poder acadar os obxectivos anteriormente enunciados establecemos dous tipos de avaliación:

  • Avaliación da implementación ou formativa.
  • Avaliación de resultados ou de utilidade.

A primeira é util na medida que nos aporta datos sobre o grao de participación das persoas, organismos, asociacións e axentes implicados. Por outra banda ofrécenos información sobre como se están a desenvolver as actuacións tal e como foron programadas e do comportamento do persoal técnico que executa o Plan. Este é un tipo de avaliación coa que se facilita e promoven os axustes e reaxustes necesarios para poder levar a cabo eficazmente o I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Baiona.

Por outra banda a avaliación de resultados ou de utilidade permite coñecer o grao no que se acadan os obxectivos propostos e determina si os beneficios están en concordancia cos custos. Neste momento avaliativo é de suma importancia realizar unha avaliación do impacto, entendida como a medida na que o proxecto contribue a paliar as situacións de desigualdade e como contribue a iniciar procesos de cambio a nivel estructural , e unha avaliación da eficacia, pola que se coñece o grado no que o Plan acadou os obxectivos propostos.

A metodoloxía empregada na avaliación do I Plan está intimamente relacionada cos tipos de avaliación anteriormente propostos, polo que utilizaremos métodos de tipo cuantitativo que permiten medir numéricamente resultados, e métodos de tipo cualitativo que nos ofrecen información sobre os contextos e as vivencias en relación coas participantes do Plan.

Os instrumentos de recollida de información que se utilizarán son:

  • Sistema de indicadores de tipo cuantitativo e cualitativo específico para cada actuación.
  • Enquisa de satisfacción á poboación destinataria das actuacións.
  • Entrevistas semiestructuradas ós e as persoas, organismos, asociacións e axentes implicadas no desenvolvemento do I Plan.
  • Grupos de discusión entre o persoal técnico e político responsable da execución do Plan.

Para poder levar a cabo a avaliación é indispensable desenvolver un seguemento contínuo do Plan que se materializará na elaboración dun informe semestral no que se recollerá información sobre o grado de execución do Plan e se volcarán as memorias parciais das actuacións programadas.

Por último sinalar que a importancia e a relevancia da implementación do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Baiona, require dun esforzo orzamentario que permita levar a cabo unha avaliación interna realizada polas persoas implicadas no deseño e execución do Plan, e dunha avaliación externa realizada por persoas alleas á execución.

Esta doble avaliación arguméntase na complementariedade das dúas. A interna está xustificada na necesidade dun seguemento e avaliación constante e no exahustivo coñecemento e acceso á información, pero ten como contrapartida a implicación persoal e os sesgos implícitos á participación durante todo o proceso de execución. Pola contra a avaliación externa, ó estar desenvolvida por persoas alleas á organización e expertas en avaliación, ofrece unha visión externa e imparcial.