baiona.org

javax.portlet.title.56

Banner Plan de Igualdade

 

 

ÁREA DE COOPERACIÓN, PARTICIPACIÓN SOCIOPOLÍTICA E EMPODERAMENTO

 

Obxectivo Actuacións
Potenciar o asociacionismo como vía para conquerir o empoderamento das mulleres

Dotación dun local para as asociación de mulleres onde poidan realizar actividades e reunións

Apoio e asesoramento ás asociacións de mulleres en todo o relativo a subvencións e axudas

Establecemento dunha programación contínua de actividades culturais, talleres e charlas formativas que propicien o empoderamento psicolóxico e social das mulleres.

Colaboración coas asociacións nas actividades culturais e comunitarias que se leven a cabo no Municipio.

Impulso á creación de áreas de muller nas asociacións existentes ofrecéndolles asesoramento sobre o procedemento

Promoción en cantas actividades se impulsen desde o Concello da representación paritaria de homes e mulleres

Elaboración dun manual práctico de cómo constituirse en asociación ofrecendo apoio técnico e asesoramento en canto a súa estructura e programación.

Elaboración dun manual práctico de cómo constituirse en asociación ofrecendo apoio técnico e asesoramento en canto a súa estructura e programación.

Desenvolvemento dun plan de visitas persoais cos axentes sociais para dar a coñecer o Plan de Igualdade.

Impulso á creación do Consello Municipal da Muller.


 

 

ÁREA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

Obxectivo Actuacións
Promover, en toda a sociedade, unha conciencia social de rexeitamento hacia a violencia contra a muller

Realización de campañas de sensibilización, prevención e detección da violencia de xénero entre a poboación xeral.

Elaboración de folletos informativos con contidos referentes a delitos contra a muller.

Concienzación da poboación sobre a lacra que supón a violencia que padecen as mulleres no ámbito doméstico a través de convocatorias de rexeitamento desta, especialmente a conmemoración do 25 de novembro

Concienzación da poboación sobre a lacra que supón a violencia que padecen as mulleres no ámbito doméstico a través de convocatorias de rexeitamento desta, especialmente a conmemoración do 25 de novembro

Obxetivo Actuacions
Dotar de servicios específicos ás mulleres víctimas de violencia de xénero

Mantemento e ampliación do servicio de asesoria xurídica dirixido a mulleres do Concello de Baiona.

Creación dun servicio de asistencia psicolóxica especializado na atención a mulleres víctimas de violencia de xénero.

Establecemento dun protocolo interdepartamental de atención á muller víctima de violencia de xénero no Concello de Baiona, no que se contemple a formación específica dos axentes implicados e se proporcionen criterios homoxéneos de actuación, intervención e derivación.

Priorización no acceso ás víctimas de malos tratos ós diferentes programas municipais existentes establecendo criterios favorecedores para a súa integración.


 

 

ÁREA DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE

 

 

Obxectivo Actuacións
Colaborar cos Centros Educativos na formación en contidos de Igualdade de OportunidadesRealización anual en colaboración cos Centros de Ensino dunha campaña de xoguetes non sexistas dirixidos á poboación infantil e de primaria.

Mantemento e ampliación da realización de talleres de alfabetización de persoas adultas desde unha perspectiva de xénero.

Establecemento dun concurso anual dirixido ó alumnado que conteña contidos relativos á Igualdade de Oportunidades

Apoio e impluso ás ANPAS e as Escolas de Nais e Pais como espacios onde se debata e reflexione aspectos relacionados coa Igualdade de Oportunidades

Fomento e apoio, nos centros escolares , ás actividades de sensibilización dirixidas ó alumnado que teñan como obxectivo incidir no cambio dos estereotipos e roles de xénero.

Creación dunha sección da temática da muller nas Bibliotecas Municipais


 

 

ÁREA DE FORMACIÓN, EMPREGO E CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL

 

 

Obxectivo Actuacións
Impulsar unha programación de Formación Ocupacional que contemplen a perspectiva de xénero

Desenvolvemento dun módulo de pre-formación en habilidades socias e personais destinado a mulleres con especiales dificultades de insercción laboral.

Colaboración con outras institucións, organizacións e empresas na formación ocupacional en novos xacementos de emprego e profesións máis demandadas no Val Miñor

Facilitación ó acceso das mulleres a cursos de formación ocupacional xestionados polo Concello.

Facilitación ó acceso das mulleres con fillas e/ou fillos á Formación Ocupacional a través dun servicio de Kanguros durante o horario dos cursos.

Obxetivo Actuacions
Potenciar o emprego feminino entre o tecido empresarial da comarca

Establecemento dunha programación para dar a coñecer subvencións e axudas á contratación de man de obra feminina entre os axentes económicos e empresas da zona.

Impulso á creación dunha bolsa de emprego para mulleres.

Incentivación no acceso das mulleres a profesións relacionadas coas novas tecnoloxías.

Obxetivo Actuacions
Promover o reparto igualitario das responsabilidades familiares e domésticas

Difusión de campañas por medio de guias e folletos de sensibilización á poboación xeral sobre o reparto de responsabilidades familiares para a conciliación da vida familiar e laboral.

Colaboración con outras Administracións e organismos na creación de servicios públicos dirixidos á atención á infancia e persoas dependentes.


 

 

ÁREA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Obxectivo Actuacións
Aplicar os principios de Igualdade de Oportunidades na Administración Local

Difusión a través dunha campaña de información e sensibilización do Plan de Igualdade entre a plantilla municipal e o persoal político.

Velar que nos modelos de contratación e licitación do Concello se observen os principios básicos da Igualdade de Oportunidades.

Difusión da información sobre iniciativas, proxectos, normativas e Boas Prácticas en materia de Igualdade nos diferentes Departamentos Municipais.

Eliminación da imaxe sexista en toda a redacción de informes, oficios, expedientes e demáis documentación administrativa e promover a utilización de términos neutros.

Propoñer que nos tribunais de selección de personal exista unha presencia máis equitativa de homes e mulleres.