baiona.org

Visor de contenido web

 

O Concello de Baiona ten como obxectivo prioritario promover a igualdade real e efectiva da muller na sociedade contribuíndo a previr e eliminar factores que orixinen e manteñan as desigualdades.

Respondendo a estes principios, proponse este I Plan de Igualdade de Oportunidades, que durante o tempo de vixencia debe constituírse nun instrumento de consenso entre toda a cidadanía da localidade.

O papel da Administración local é fundamental, constituíndo un espazo óptimo para a acción efectiva en materia de igualdade de oportunidades porque é a administración local a que se atopa máis próxima á cidadanía, porque se coñecen mellor as necesidades da poboación e os recursos existentes e porque a súa iniciativa pódelles servir de estímulo ás actuacións doutras entidades.

O Pleno do Concello de Baiona aprobou por unanimidade de tódolos grupos políticos o día 2 de decembro do 2004 o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres e nace con compromiso de tódalas persoas, institucións e organismos que actúan no Concello de Baiona.

Con este plan, pretendemos sentar as bases nas que se asentará unha actuación continuada e eficaz que contribúa a promover un profundo cambio na nosa sociedade.

Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde de Baiona

 Jesús Vázquez Almuiña. Alcalde de Baiona
Firma Alcalde

A Concellería da Muller do Concello de Baiona, créase no ano 2000 co obxectivo de promover medidas encamiñadas a consecución da igualdade real e efectiva de mulleres e homes, remóvense así os obstáculos que impiden a plena participación e integración das mulleres na vida social, cultural, educativa e económica.

No percorrido durante estes últimos catro anos leváronse a cabo diversas actuacións destinadas a poñer en marcha programas e servizos que melloraron a calidade de vida das mulleres de Baiona.

Como resultado da experiencia acumulada e da aplicación da perspectiva de xénero no traballo do día a día, nace o I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2005-2006. Este é un documento de traballo no que se recollen as actuacións e intervencións que se van realizar desde diferentes departamentos municipais no ámbito da igualdade durante os próximos dous anos.

A Concellería da Muller quere facer visible que este documento é posible grazas á participación na súa elaboración de persoas de diferentes departamentos municipais así como das propostas realizadas desde colectivos sociais da nosa vila.

Como responsable de Concellería da Muller desexo que este Iº plan axude a profundar na consecución dunha sociedade máis xusta, onde a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes sexa unha realidade.

Adolfo González Pino

Concelleiro da Muller

 

Concelleior firma do Concelleiro