baiona.org

Visor de contenido web

Banner Plan de Igualdade

 

 

 

Vixencia do Plan: 2 anos (2005 e 2006)

Desenvolvemento anual

Atendendo á temporalización global do Plan secuencializamos as actuacións seguindo os seguintes criterios:

  • Actuacións que se van a executar e desenvolver exclusivamente durante o primeiro ano de vixencia. Estas teñen un carácter puntual e concreto no tempo e sentan as bases da posterior execución do mesmo.
  • Actuacións que se executarán durante o primeiro ano pero se desenvolverán ó traverso do primeiro e segundo ano. Estas actuacións pola súa natureza requiren manterse durante todo o periodo de vixencia do Plan como xeito de desenvolver unha dinámica de actividades e servicios mínimos.
  • Actuacións que se executarán e desenvolverán únicamente durante o segundo ano de vixencia do Plan. As actuacións así secuencializadas requiren, pola súa complexidade, dun asentamento do Plan e de condicións sociopolíticas que faciliten a súa implementación.

 

Resultado dun Plan, concebido de xeito global e integral, incidirase paralelamente nas cinco áreas de actuación e globalmente en todos os obxectivos do mesmo, mostra de esto é que durante o ano 2005 se desenvolverá o 45% das actuacións e no 2006 o 55% do Plan. Así mesmo a secuencialización deseñada contempla o desenvolvemento paralelo dos obxectivos de cada área.

 

ACTUACIÓNS A DESENVOLVER DURANTE O: 1º ANO

Área de Cooperación, Participación Sociopolítica e Empoderamento
  • Elaboración dun manual práctico de cómo constituirse en asociación ofrecendo apoio técnico e asesoramento en canto a súa estructura e programación
  • Desenvolvemento dun plan de visitas persoais cos axentes sociais para dar a coñecer o Plan de Igualdade
Área de Violencia de Xénero
  • Establecemento dun protocolo interdepartamental de atención á muller víctima de violencia de xénero no Concello de Baiona, no que se contemple a formación específica dos axentes implicados e se proporcionen criterios homoxéneos de actuación, intervención e derivación
  • Localización das zonas que poidan favorecer os delitos de natureza sexual en espacios públicos, incrementando o alumeado público e a vixiancia
  • Creación dun servicio de asistencia psicolóxica especializado na atención a mulleres víctimas de violencia de xénero.
Área de Administración Pública
  • Difusión a través dunha campaña de información e sensibilización o Plan de Igualdade entre a plantilla municipal e o persoal político
  • Eliminación da imaxe sexista en toda a redacción de informes, oficios, expedientes e demáis documentación administrativa e promover a utilización de términos neutros.

 

ACTUACIÓNS A DESENVOLVER DURANTE O: 1º E 2º ANO

 

Área de Cooperación, Participación Sociopolítica e Empoderamento
  • Apoio e asesoramento as asociacións de mulleres en todo ó relativo a subvencións e axudas
  • Colaboración coas asociacións nas actividades culturais e comunitarias que se leven a cabo no Municipio
  • Impulso á creación de áreas de muller nas asociacións existentes ofrecéndolles asesoramento sobre o procedemento administrativo
  • Promoción en cantas actividades se impulsen desde o Concello da representación paritaria de homes e mulleres
  • Impulso á coordinación das relacións entre as asociacións de mulleres locais, así como con outras de fora do municipio
Área de Violencia de Xénero
  • Realización de campañas de sensibilización, prevención e detección da violencia de xénero entre a poboación xeral.
  • Concienzación da poboación sobre a lacra que supón a violencia que padecen as mulleres no ámbito doméstico a través de convocatorias de rexeitamento desta, especialmente a conmemoración do 25 de novembro
  • Mantemento e ampliación do servicio de asesoria xurídica dirixido a mulleres do Concello de Baiona.
Área de Educación en Igualdade
  • Realización anual en colaboración cos Centros de Ensino dunha campaña de xoguetes non sexistas dirixidos á poboación infantil e de primaria
  • Mantemento e ampliación da realización de talleres de alfabetización de persoas adultas desde unha perspectiva de xénero
  • Establecemento dun concurso anual dirixido ó alumnado que conteña contidos relativos á Igualdade de Oportunidades
  • Apoio e impluso ás ANPAS e as Escolas de Nais e Pais como espacios onde se debata e reflexione aspectos relacionados coa Igualdade de Oportunidades
  • Fomento e apoio, nos centros escolares , ás actividades de sensibilización dirixidas ó alumnado que teñan como obxectivo incidir no cambio dos estereotipos e roles de xénero.
Área de Formación, Emprego e Conciliación
  • Colaboración con outras institucións, organizacións e empresas na formación ocupacional en novos xacementos de emprego e profesións máis demandadas no Val Miñor
  • Facilitación ó acceso das mulleres a cursos de formación ocupacional xestionados polo Concello
  • Establecemento dunha programación para dar a coñecer subvencións e axudas á contratación de man de obra feminina entre os axentes económicos e empresas da zona
  • Incentivación no acceso das mulleres a profesións relacionadas coas novas tecnoloxías.
  • Difusión de campañas por medio de guias e folletos de sensibilización á poboación xeral sobre o reparto de responsabilidades familiares para a conciliación da vida familiar e laboral
  • Colaboración con outras Administracións e organismos na creación de servicios públicos dirixidos á atención á infancia e persoas dependentes.
Área de Administración Pública
  • Difusión da información sobre iniciativas, proxectos, normativas e Boas Prácticas en materia de Igualdade nos diferentes Departamentos Municipais.

 

ACTUACIÓNS A DESENVOLVER DURANTE O: 2º ANO

 

Área de Cooperación, Participación Sociopolítica e Empoderamento
  • Dotación dun local para as asociación de mulleres onde poidan realizar actividades e reunións
  • Establecemento dunha programación contínua de actividades culturais, talleres e charlas formativas que propicien o empoderamento psicolóxico e social das mulleres.
  • Impulso á creación do Consello Municipal da Muller.
Área de Violencia de Xénero
  • Elaboración de folletos informativos con contidos referentes a delitos contra a muller
  • Priorización no acceso ás víctimas de malos tratos ós diferentes programas municipais existentes establecendo criterios favorecedores para a súa integración
Área de Educación en Igualdade
  • Creación dunha sección da temática da muller nas Bibliotecas municipais
Área de Formación, Emprego e Conciliación
  • Desenvolvemento dun módulo de pre-formación en habilidades socias e personais destinado a mulleres con especiales dificultades de insercción laboral
  • Facilitación ó acceso das mulleres con fillas e/ou fillos á Formación Ocupacional a través dun servicio de Kanguros durante o horario dos cursos
  • Impulso á creación dunha bolsa de emprego para mulleres
Área de Administración Pública
  • Velar que nos modelos de contratación e licitación do Concello se sobserven os principios básicos de Igualdade de Oportunidades
  • Propoñer que nos tribunais de selección de personal exista unha presencia máis equitativa de homes e mulleres
Área de cooperación, participación sociopolítica e empoderamento
  • 1º ano
    • Elaboración dun manual práctico de cómo constituirse en asociación ofrecendo apoio técnico e asesoramento en canto a súa estructura e programación.
    • Desenvolvemento dun plan de visitas persoais cos axentes sociais para dar a coñecer o Plan de Igualdade.
  • 1º e 2º ano
    • Apoio e asesoramento ás asociacións de mulleres en todo ó relativo a subvencións e axudas.
    • Colaboración coas asociacións nas actividades culturais e comunitarias que se leven a cabo no Municipio.
    • Impulso á creación de áreas de muller nas asociacións existentes ofrecéndolles asesoramento sobre o procedemento administrativo.
    • Promoción en cantas actividades se impulsen desde o Concello de a representación paritaria de homes e mulleres.
    • Impulso á coordinación das relacións entre as asociacións de mulleres locais, así como con outras de fora do municipio.
  • 2º ano
    • Dotación dun local para as asociación de mulleres onde poidan realizar actividades e reunións.
    • Establecemento dunha programación contínua de actividades culturais, talleres e charlas formativas que propicien o empoderamento psicolóxico e social das mulleres.
    • Impulso á creación do Consello Municipal da Muller.
  • Axentes Implicados
    • Concellería da Muller
    • Alcaldía
    • Asociacións de Mulleres
    • Asociacións Veciñais, Culturais e Profesionais
Área de violencia de xénero
  • 1º ano
    • Establecemento dun protocolo interdepartamental de atención á muller víctima de violencia de xénero no Concello de Baiona, no que se contemple a formación específica dos axentes implicados e se proporcionen criterios homoxéneos de actuación, intervención e derivación.
    • Localización das zonas que poidan favorecer os delitos de natureza sexual en espacios públicos, incrementando o alumeado público e a vixiancia.
    • Creación dun servicio de asistencia psicolóxica especializado na atención a mulleres víctimas de violencia de xénero.
  • 1º e 2º ano
    • Realización de campañas de sensibilización, prevención e detección da violencia de xénero entre a poboación xeral.
    • Concienzación da poboación sobre a lacra que supón a violencia que padecen as mulleres no ámbito doméstico a través de convocatorias de rexeitamento desta, especialmente a conmemoración do 25 de novembro.
    • Mantemento e ampliación do servicio de asesoria xurídica dirixido a mulleres do Concello de Baiona.
  • 2º ano
    • Elaboración de folletos informativos con contidos referentes a delitos contra a muller.
    • Priorización no acceso ás víctimas de malos tratos ós diferentes programas municipais existentes establecendo criterios favorecedores para a súa integración.
  • Axentes Implicados
    • Concellería da Muller
    • Alcaldía
    • Concellería de Servicios Sociais
    • Concellería de Seguridade Cidadán
    • Concellería de Alumeado Público
Área de Educación en Igualdade
  • 1º e 2º ano
    • Realización anual en colaboración cos Centros de Ensino dunha campaña de xoguetes non sexistas dirixidos á poboación infantil e de primaria.
    • Mantemento e ampliación da realización de talleres de alfabetización de persoas adultas desde unha perspectiva de xénero.
    • Establecemento dun concurso anual dirixido ó alumnado que conteña contidos relativos á Igualdade de Oportunidades.
    • Apoio e impluso ás ANPAS e as Escolas de Nais e Pais como espacios onde se debata e reflexione aspectos relacionados coa Igualdade de Oportunidades.
    • Fomento e apoio, nos centros escolares , ás actividades de sensibilización dirixidas ó alumnado que teñan como obxectivo incidir no cambio dos estereotipos e roles de xénero.
  • 2º ano:
    • Creación dunha sección da temática da muller nas Bibliotecas municipais.
  • Axentes Implicados
    • Concellería da Muller
    • Concellería de Educación
    • Centros de Ensino
    • Asociación de Nais e Pais
    • Concellería Cultura
Área de Formación, emprego e conciliación da vida persoal
  • 1º e 2º ano
    • Colaboración con outras institucións, organizacións e empresas na formación ocupacional en novos xacementos de emprego e profesións máis demandadas no Val Miñor.
    • Facilitación ó acceso das mulleres a cursos de formación ocupacional xestionados polo Concello.
    • Establecemento dunha programación para dar a coñecer subvencións e axudas á contratación de man de obra feminina entre os axentes económicos e empresas da zona.
    • Incentivación no acceso das mulleres a profesións relacionadas coas novas tecnoloxías.
    • Difusión de campañas por medio de guias e folletos de sensibilización á poboación xeral sobre o reparto de responsabilidades familiares para a conciliación da vida familiar e laboral.
    • Colaboración con outras Administracións e organismos na creación de servicios públicos dirixidos á atención á infancia e persoas dependentes.
  • 2º ano
    • Desenvolvemento dun módulo de pre-formación en habilidades socias e personais destinado a mulleres con especiales dificultades de insercción laboral.
    • Facilitación ó acceso das mulleres con fillas e/ou fillos á Formación Ocupacional a través dun servicio de Kanguros durante o horario dos cursos.
    • Impulso á creación dunha bolsa de emprego para mulleres.
  • Axentes Implicados
    • Concellería da Muller
    • Técnico Local de Emprego
    • Asociacións Empresariais e Económicas
    • Xunta de Galicia
Área de administración pública
  • 1º ano
    • Difusión a través dunha campaña de información e sensibilización o Plan de Igualdade entre a plantilla municipal e o persoal político.
    • Eliminación da imaxe sexista en toda a redacción de informes, oficios, expedientes e demáis documentación administrativa e promover a utilización de términos neutros.
  • 1º e 2º ano
    • Difusión da información sobre iniciativas, proxectos, normativas e Boas Prácticas en materia de Igualdade nos diferentes Departamentos Municipais.
  • 2º ano
    • Velar que nos modelos de contratación e licitación do Concello se observen os principios básicos de Igualdade de Oportunidades.
    • Propoñer que nos tribunais de selección de personal exista unha presencia máis equitativa de homes e mulleres.
  • Axentes Implicados
    • Concellería da Muller
    • Alcaldía
    • Concellería de Cultura
    • Concellería de Xuventude
    • Concellería de Educación
    • Concellería de Deportes
    • Concellería de Servicios Sociais
    • Concellería de Medio Ambiente
    • Concellería de Parques e Xardíns
    • Concellería de Alumeado Público
    • Concellería de Vías e Obras
    • Concellería de Seguridade Cidadán
    • Concellería de Urbanismo