baiona.org

Visor de contenido web

Banner Plan de Igualdade

 

Na sociedade actual a evolución dos roles que desempeñan mulleres e homes é un dos fenómenos que está sufrindo maiores cambios. Nos últimos anos a maior participación de mulleres no mercado laboral, a independencia económica que de elo se deriva, a súa participación igualitaria en tódolos niveis educativos e incluso a maior presencia de mulleres en sectores tradicionalmente ocupados polos homes, están a producir importantes cambios sociais. Sin embago, sigue persistindo unha manifesta desigualdade entre mulleres e homes.

A plena participación de mulleres en tódolos ámbitos en condicións de igualdade cos homes é aínda un obxectivo e un dos grandes retos a conquerir nas sociedades occidentais. Os determinantes sociais que condicionan a consecución dunha Igualdede de Oportunidades real e efectiva entre mulleres e homes sigue persisitindo. A pesar dos avances que, sobre todo a nivel legal, se produciron nos últimos tempos a favor da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, os datos sobre o desemprego, corresponsabilidade nas tarefas domésticas, coidado das persoas, maltrato, agresións sexuais, exclusión social e pobreza etc, nos siguen amosando que a igualdade de dereito non trouxo consigo a igualdade de feito.

Esta desigualdade se debe a prácticas sociais moi arraigadas na nosa sociedade, prácticas que asignan roles, actitudes, comportamentos, capacidades etc, diferentes a mulleres e a homes según o modelo social existente. Este proceso de asignación comenza antes do nacemento e se prolonga ó longo de toda a vida por medio dos axentes de socialización (familia, escuela, medios de comunicación…). Xenerando así pautas de comportamento, roles e sistemas de valores de mulleres e homes que impiden a Igualdade de Oportunidades e o pleno desenvolvemento das persoas independentemente do seu sexo.

Debido ó arraigamento das causas polas que se produce a discriminación, esta situación non se irá corrixindo ó longo dos anos por mera evolución social senón que necesita dunha intervención pública integral enfocada a remover os obstáculos reais para a participación das mulleres en igualdade de condicións que os homes en tódolos ámbitos.

Para traballar realmente por unha igualdade paritaria real entre os sexos é preciso xenerar un cambio profundo na organización da sociedade que permita avanzar cara unha sociedade de ciudadanas e cidadanos corresponsables en todas as esferas da vida e coparticipes na toma de decisións.