O Concello de Baiona ten como obxectivo prioritario promover a igualdade real e efectiva da muller na sociedade contribuíndo a previr e eliminar factores que orixinen e manteñan as desigualdades.
Respondendo a estes principios, proponse este I Plan de Igualdade de Oportunidades, que durante o tempo de vixencia debe constituírse nun instrumento de consenso entre toda a cidadanía da localidade.
O papel da Administración local é fundamental, constituíndo un espazo óptimo para a acción efectiva en materia de igualdade de oportunidades porque é a administración local a que se atopa máis próxima á cidadanía, porque se coñecen mellor as necesidades da poboación e os recursos existentes e porque a súa iniciativa pódelles servir de estímulo ás actuacións doutras entidades.
O Pleno do Concello de Baiona aprobou por unanimidade de tódolos grupos políticos o día 2 de decembro do 2004 o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres e nace con compromiso de tódalas persoas, institucións e organismos que actúan no Concello de Baiona.
Con este plan, pretendemos sentar as bases nas que se asentará unha actuación continuada e eficaz que contribúa a promover un profundo cambio na nosa sociedade.
Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde de Baiona
|