baiona.org

Visor de contenido web

Impulsar e aumentar a participación social das mulleres como axentes sociais de cambio é un dos obxectivos prioritarios deste II Plan de igualdade de oportunidades. Unha das estratexias fundamentais para acadar este obxectivo é o empoderamento, entendido como un proceso de toma de conciencia do poder individual e colectivo das mulleres que lles permite aumentar a súa participación nos procesos de toma de decisións, no acceso ao exercicio de poder e a capacidade de exercer influencia. Este empoderamento, leva consigo que as mulleres poidan acceder ao dereito a tomar decisións sobre a súa propia vida para poder transformar o seu contorno.

Neste sentido, as asociacións de mulleres son unha plataforma idónea para propiciar estas transformacións, xa que constitúen un lugar privilexiado para o proceso de empoderamento das mulleres que as compoñen, e son un instrumento clave para a incidencia social e política na consecución dunha igualdade real de mulleres e homes.

Para contribuír á igualdade real entre mulleres e homes na vida económica, preténdese promover a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas de emprego así como darlles prioridade a aspectos formativos e informativos e de asesoramento profesional como vía para fomentar, incrementar e mellorar a presenza das mulleres no mercado laboral.

Os obxectivos e actuacións que se propoñen neste eixe de actuación teñen como finalidade impulsar e fomentar o asociacionismo feminino no Concello de Baiona; promover a participación das mulleres na vida social e económica; e, fomentar o seu empoderamento.

Obxectivo 1.01

Fomentar, apoiar e dinamizar o movemento asociativo de mulleres e aumentar a súa participación como axentes sociais de cambio.

 

Actuacións Indicadores
1.1.1. Creación e consolidación dunha comisión de seguimento integrada por representantes das asociacións do municipio coa finalidade de velar por que se cumpran as actuacións deseñadas neste plan.

N.º de reunións para a creación da Comisión de Seguimento

N.º de mulleres e homes participantes nas ditas reunións.

N.º e natureza das asociacións participantes nesas reunións.

N.º de mulleres e homes que participan na Comisión de Seguimento.

N.º e natureza das asociacións participantes na comisión.

N.º de reunións da comisión.

Asistencia desagregada por sexo ás reunións.

Asistencia de asociacións ás reunións.

N.º de medidas adoptadas.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Asociacións
Actuacións Indicadores
1.1.2. Continuar colaborando co movemento asociativo de mulleres, proporcionándolles apoio e asesoramento técnico para facilitar a mellora da súa organización, xestión e administración.

N.º de reunións de apoio e asesoramento técnico

N.º de asociacións e natureza que demandan asesoramento técnico.

Natureza das asociacións.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Asociacións
Actuacións Indicadores
1.1.3. Manter a colaboración existente coas asociacións nas actividades culturais e comunitarias que se leven a cabo no municipio.

N.º de actividades culturais e comunitarias nas que se colabora

N.º de asociacións coas que se colabora

Natureza das asociacións

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Asociacións
Actuacións Indicadores
1.1.4. Continuar co establecemento dunha liña anual de subvencións municipais para as asociacións de mulleres.

N.º de subvencións ofertadas

Natureza das subvencións

N.º de asociacións subvencionadas

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Participación Cidadá
  • Asociacións municipais

Visor de contenido web

Promover a participación das mulleres do municipio en actividades informativas e formativas como canle para acadar o seu empoderamento.

Actuacións Indicadores
1.2.1. Continuar co establecemento dunha programación continua de actividades culturais, obradoiros e charlas formativas que propicien o empoderamento social e psicolóxico das mulleres

N.º de actividades culturais programadas

N.º de obradoiros programados.

N.º de charlas formativas programadas.

N.º de actividades culturais realizadas.

N.º de obradoiros realizados.

N.º e perfil de mulleres participantes en actividades culturais.

N.º e perfil de homes participantes en actividades culturais.

N.º e perfil de homes participantes en obradoiros.

N.º e perfil de mulleres participantes en charlas formativas.

N.º e perfil de homes participantes en charlas formativas.

Grao de satisfacción das mulleres participantes en actividades culturais.

Grao de satisfacción dos homes participantes en actividades culturais.

Grao de satisfacción das mulleres participantes en obradoiros.

Grao de satisfacción dos homes participantes en obradoiros.

Grao de satisfacción das mulleres participantes en charlas formativas.

Grao de satisfacción dos homes participantes en charlas formativas.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Concellería de Servizos Sociais
Actuacións Indicadores
1.2.2. Organización de talleres de autodefensa persoal dirixidos ás mulleres

N.º de talleres organizados

N.º de talleres realizados.

N.º e perfil de mulleres participantes.

Grao de satisfacción das participantes.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
Actuacións Indicadores
1.2.3. Continuar coa conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller con actividades programadas dirixidas á poboación en xeral.N.º de actividades programadas

N.º de actividades realizadas.

N.º e perfil de mulleres participantes.

N.º e perfil de homes participantes.

Grao de satisfacción das mulleres participantes .

Grao de satisfacción dos homes participantes.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
Actuacións Indicadores
1.2.4. Realización dunha marcha pola igualdade de carácter anual.N.º e perfil de mulleres participantes

N.º e perfil de mulleres participantes

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Deportes
Actuacións Indicadores
1.2.5. Establecemento dunha programación estable de cursos sobre novas tecnoloxías da información e da comunicación dirixida ás mulleres do municipio.N.º de cursos programados.

N.º de cursos realizados.

N.º e perfil de mulleres participantes.

Grao de satisfacción das participantes.

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero

Visor de contenido web

Favorecer e mellorar a inserción laboral das mulleres a través da formación e proporcionar recursos que faciliten o seu acceso á dita formación.
Actuacións Indicadores
1.3.1. Realización de cursos de formación ocupacional axustados ás demandas de empregabilidade do municipioNatureza das demandas de empregabilidade

Natureza dos cursos de formación ocupacional

N.º de cursos realizados

N.º e perfil das mulleres participantes

Grao de satisfacción das mulleres participantes en charlas formativas

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Servizo de Orientación Laboral
  • Técnico Municipal de Emprego
Actuacións Indicadores
1.3.2. Mantemento do Servizo de Orientación Laboral-Busca de Emprego dirixido ás mulleres da localidadeN.º e perfil de mulleres que utilizan o servizo

N.º de consultas realizadas

Natureza das demandas

Grao de satisfacción das usuarias co servizo

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
Actuacións Indicadores
1.3.3. Realización dunha campaña de sensibilización e divulgación entre o tecido empresarial do municipio para informar sobre os beneficios da contratación de mulleres, especialmente en sectores que están pouco representadas, co fin de promover a súa contrataciónN.º de contactos co tecido empresarial

N.º de accións informativas

N.º de contratos

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Tecido empresarial