baiona.org

Visor de contenido web

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un instrumento imprescindible para corrixir as desigualdades sociais e as barreiras e discriminacións existentes entre mulleres e homes e, ao mesmo tempo, constitúe unha garantía de que ambos poidan participar nas diferentes esferas e actividades sobre bases de igualdade e equidade. Para iso é fundamental realizar medidas concretas de difusión, sensibilización e formación entre a poboación que permitan corrixir esas discriminacións resultantes de prácticas sociais moi arraigadas.

Neste sentido, a Administración local ten a posibilidade de ser un modelo de referencia para outras entidades tanto públicas como privadas do municipio con respecto á igualdade de oportunidades de xeito que a súa organización e traballo sexa sensible ás diferenzas de xénero e adecuada ás necesidades de homes e mulleres. Tendo en conta isto é fundamental a sensibilización e formación do persoal técnico e político municipal en igualdade de oportunidades, a eliminación da linguaxe sexista dos seus documentos, así como, desagregar os datos por sexos como xeito de visibilizar e promover unha imaxe equilibrada de mulleres e homes do municipio.

Ao mesmo tempo, a comunidade educativa debe ter un papel fundamental na transmisión de valores, pautas, actitudes e comportamentos que afectan a toda a organización e vida das persoas. É imprescindible a transmisión, por parte tanto do profesorado como das nais e pais, de actitudes e valores baseados no principio de igualdade entre mulleres e homes como estratexia para eliminar as estruturas que manteñen e fomentan os estereotipos de xénero.

Os obxectivos e actuacións que se contemplan neste eixe están destinados a propiciar a inclusión da perspectiva de xénero na Administración local; sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia de educar en igualdade impulsando actividades de sensibilización/formación que fomenten a igualdade de oportunidades e a educación en valores.

Obxectivo 2.1

Propiciar a inclusión da perspectiva de xénero na Administración local

Actuacións Indicadores
2.1.1. Promover que se asigne de xeito equitativo a denominación de rúas, parques e centros públicos con nomes de mulleres relevantes, ou de oficios tradicionalmente realizados por mulleres da zona, co fin de visibilizar as súas achegas ao longo da historia

N.º de rúas propostas

N.º de rúas asignadas

N.º de parques propostos

N.º de parques asignados

N.º de centros públicos propostos

N.º de centros públicos asignados

Departamentos implicados

  • Todos os departamentos municipais

 

Actuacións Indicadores
2.1.2. Introdución da variable sexo en todos os procedementos de recollida de información e en todas as bases de datos e estatísticas municipais

N.º de procedementos nos que se inclúe a variable

N.º de bases de datos nas que se inclúe a variable

N.º de estatísticas nas que inclúe a variable

Departamentos implicados

  • Todos os departamentos municipais

 

Actuacións Indicadores
2.1.3. Introdución dos datos desagregados por sexo en todos os estudos que sexan realizados polo concello coa finalidade de poder avanzar no coñecemento da situación da mullerN.º de estudos que contemplan datos desagregados por sexo

 

Departamentos implicados

  • Todos os departamentos municipais

 

Actuacións Indicadores
2.1.4. Realización dunha xornada anual de sensibilización/formación específica en igualdade de oportunidades para o persoal municipal

N.º e perfil das mulleres asistentes ás xornadas. Departamento ao que pertencen

N.º e perfil dos homes asistentes ás xornadas. Departamento ao que pertencen

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

Grao de satisfacción dos homes asistentes

 

Departamentos implicados

  • -Todos os departamentos municipais

 

Actuacións Indicadores
2.1.5. Eliminación da linguaxe sexista nos formularios, circulares e documentos que xere o concello

N.º de formularios

N.º de circulares

N.º de documentos

 

Departamentos implicados

  • -Todos os departamentos municipais

 

Obxectivo 2.2

Sensibilizar a comunidade educativa e as familias sobre a importancia de promover a igualdade na educación de nenas e nenos, así como facilitar ferramentas que contribúan a garantir a non discriminación sexista e favorezan o principio de igualdade de oportunidades.

Actuacións Indicadores
2.2.1. Creación dun espazo na web da Concellería de Igualdade dirixido ao profesorado dos centros educativos onde se informe sobre material didáctico para traballar a igualdade, información sobre xornadas, cursos, e outros aspectos que poidan promocionar a igualdade nos centros educativos, incluíndo a perspectiva de xénero

Creación web

N.º de materiais didácticos introducidos na web

N.º de xornadas introducidos na web

N.º de cursos introducidos na web

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino municipais

 

Actuacións Indicadores
2.2.2. Recoller os datos desagregados por sexo nos rexistros, documentación, informes e memorias que se elaboren nos centros educativos

N.º de rexistros desagregados por sexo

N.º de documentación desagregadas por sexo.

N.º de informes desagregados por sexo

N.º de memorias desagregadas por sexo

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.2.3. Utilización dunha linguaxe non sexista nos documentos dos centros educativosN.º de documentos nos que se observa unha linguaxe non sexista

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.2.4. Inclusión nas conmemoracións escolares que se realizan ao longo do curso académico das achegas realizadas polas mulleres en cada un dos temas ao que está dedicada a dita conmemoración. (Dereitos humanos, paz, ambiente, libro, saúde...)N.º e natureza de conmemoracións escolares nas que se contempla as achegas realizadas polas mulleres

N.º e perfil de mulleres participantes.

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.2.5. Continuar coa figura da axente de igualdade de oportunidades como promotora da igualdade de xénero na área educativa

N.º e natureza das accións desenvolvidas pola axente de igualdade na área educativa

N.º de centros educativos sobre os que se intervén

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros educativos

 

Obxectivo 2.3

Impulsar unha programación estable que propicie a sensibilización e formación da comunidade educativa en materia de igualdade de oportunidades e educación en valores

Actuacións Indicadores
2.3.1. Establecemento ao inicio do curso dunha programación en colaboración coas ANPA para o fomento da igualdade no ámbito familiar e a elaboración de alternativas á educación sexista tradicional mediante talleres de sensibilización/formación anuais

N.º de contactos e reunións coas ANPA para o establecemento da programación

N.º e natureza de talleres programados

N.º e natureza de talleres realizados

N.º e perfil das mulleres asistentes

N.º e perfil dos homes asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

Grao de satisfacción dos homes asistentes

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino
  • As ANPA

 

Actuacións Indicadores
2.3.2. Realización de talleres anuais dirixidos á mocidade sobre habilidades e relacións sociais destinados a favorecer a aprendizaxe de relacións respectuosas, a resolución pacífica dos conflitos, e a valoración da igualdade entre mulleres e homes.

N.º e natureza de talleres realizados

N.º e perfil das mulleres asistentes

N.º e perfil dos homes asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

Grao de satisfacción dos homes asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.3.3. Realización de programas anuais coa poboación adolescente con vistas a impulsar actitudes que promovan un repartimento non estereotipado das tarefas domésticas e responsabilidades familiares

N.º e natureza de programas realizados

N.º e perfil das adolescentes asistentes

N.º e perfil dos adolescentes asistentes

Grao de satisfacción das participantes asistentes

Grao de satisfacción dos participantes asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.3.4. Realización dunha xornada informativa anual dirixida ao alumnado, que promova a diversificación de opcións profesionais sen condicionante de xénero e orientada a incorporarse nos institutos de ensino secundario e ciclos formativos

N.º e perfil de alumnas participantes na xornada

Grao de satisfacción de alumnas participantes

Eleccións profesionais das participantes antes da xornada informativa

Eleccións profesionais dos participantes antes da xornada informativa

Eleccións profesionais das participantes despois da xornada informativa

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.3.5. Realización dunha campaña anual de sensibilización sobre o uso non sexista dos xogos e xoguetes

N.º e natureza das actividades realizadasz

N.º e perfil das destinatarias da campaña

N.º e perfil dos destinatarios da campaña

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Educación
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.3.6. Realización de obradoiros de formación en xénero e igualdade dirixidos ao profesorado.

N.º de obradoiros realizados

N.º e perfil de mulleres participantes

N.º e perfil de homes participantes

Grao de satisfacción das mulleres participantes

Grao de satisfacción dos homes participantes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Educación
  • Centros de ensino

 

Actuacións Indicadores
2.3.7. Realización de talleres anuais para adolescentes en materia de educación sexual, anticoncepción, maternidade e paternidade responsable, interrupción voluntaria do embarazo. así como sensibilización sobre a liberdade de orientación sexual en colaboración cos centros educativos e sanitarios.

N.º de contactos e reunións cos centros educativos

N.º de contactos e reunións cos centros sanitarios

Nº e natureza dos talleres realizados

Nº e perfil das adolescentes participantes

Nº e perfil dos adolescentes participantes

Grao de satisfacción das adolescentes participantes

Grao de satisfacción dos adolescentes participantes

Nº de centros educativos e sanitarios participantes

Grao de satisfacción dos centros educativos e sanitarios participantes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de ensino
  • Centros de Saúde

 

Actuacións Indicadores
2.3.8. Mantemento e ampliación da realización de obradoiros de alfabetización de persoas adultas desde unha perspectiva de xénero en colaboración coa Concellería de Educación.

Nº de obradoiros de alfabetización realizados

Nº de obradoiros de alfabetización incrementados

Nº e perfil das mulleres participantes

Nº e perfil dos homes participantes

Grao de satisfacción das mulleres participantes

Grao de satisfacción dos homes participantes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Educación
  • Xunta de Galicia

 

Obxectivo 2.4

Fomentar o repartimento das tarefas e responsabilidades familiares entre mulleres e homes.

Actuacións Indicadores
2.4.1. Realización dunha campaña de información e sensibilización, dirixida á poboación xeral sobre os beneficios do repartimento equitativo das tarefas domésticas e a necesidade de conciliación da vida familiar, laboral e persoal

N.º e natureza das actividades realizadas

N.º e perfil das destinatarias da campaña

N.º e perfil das destinatarias da campaña

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero

 

Actuacións Indicadores
2.4.2. Realización anual dun taller de sensibilización/formación dirixida aos homes do municipio coa finalidade de fomentar a súa participación nas tarefas domésticas e responsabilidades familiares.

N.º e natureza das actividades realizadas

N.º e perfil dos homes participantes

Grao de satisfacción dos homes participantes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero