baiona.org

Visor de contenido web

A violencia de xénero é a manifestación máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Trátase dunha violencia dirixida sobre as mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas polos seus agresores, carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión.

Os poderes públicos, e a Administración local como tal, non poden ser alleos a esta manifestación de desigualdade que atenta contra os dereitos fundamentais, polo que teñen a obriga de adoptar medidas que propicien, por unha banda, o cambio de mentalidades e actitudes mediante a sensibilización cidadá e a posta en marcha de medidas que favorezan a incorporación das mulleres ao espazo público en condicións de igualdade, e por outra, cómpre actuar na protección e asistencia das mulleres vítimas, proporcionándolles información, asesoramento e recursos que lles permitan rachar coa cadea de violencia.

Neste sentido os obxectivos e as actuacións aquí deseñadas pretenden incidir tanto na articulación de medidas de sensibilización e prevención da violencia de xénero como mellorar a atención e protección das mulleres vítimas proporcionándolles os recursos adecuados.

Obxectivo 4.1

Ofrecerlles atención integral e efectiva ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Actuacións Indicadores
4.1.1. Mantemento do servizo de asesoramento xurídico a mulleres que sofren violencia, agresións físicas, psicolóxicas e/ou sexuais.

N.º e perfil das mulleres atendidas

N.º e natureza de consultas realizadas

Grao de satisfacción das mulleres usuarias co servizo

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller

 

Actuacións Indicadores
4.1.2. Mantemento do servizo de asesoramento psicolóxico a mulleres que sofren violencia de xénero.

N.º e perfil de mulleres atendidas

N.º e natureza de consultas realizadas

Grao de satisfacción das mulleres usuarias co servizo

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller

 

Actuacións Indicadores
4.1.3. Mantemento do Servizo de Teleasistencia Móbil para as Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.

N.º de dispositivos asignados

N.º e perfil de mulleres usuarias

Grao de satisfacción das mulleres usuarias co servizo

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Deputación Provincial de Pontevedra

 

Actuacións Indicadores
4.1.4. Difusión do Teléfono 016 dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero así como do Telefono da Muller da Xunta de Galicia (900 400 273).

N.º e natureza das actividades de difusión

N.º e perfil das destinatarias

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller

 

Actuacións Indicadores
4.1.5. Priorizar o aceso das mulleres vítimas de violencia aos diferentes programas municipais existentes (cursos de formación, escola-taller...), e establecer criterios favorecedores para a súa integración.

N.º e perfil de mulleres que acceden a programas municipais

N.º e natureza dos programas municipais

Criterios utilizados

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Técnico municipal de emprego
  • Concellería de Servizos Sociais

 

Obxectivo 4.2

Establecer medidas dirixidas a fomentar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a poboación.

Actuacións Indicadores
4.2.1. Realización de programas de información e educación sanitaria en colaboración co centro de saúde que fomenten entre as mulleres a adopción de estilos de vida saudables: exercicio, alimentación, abandono de hábitos insáns, indicados para cada idade e situación.

N.º e natureza das actividades realizadas

N.º e perfil das destinatarias da campaña

N.º e perfil das destinatarias da campaña

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Concellería de Servizos Sociais

 

Actuacións Indicadores
4.2.2. Continuar conmemorando o 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia sobre as Mulleres, con actividades que resalten os valores da igualdade entre mulleres e homes.

N.º de actividades realizadas

N.º e perfil de mulleres participantes

N.º e perfil dos homes participantes

Grao de satisfacción das mulleres participantes

Grao de satisfacción dos homes participantes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller

 

Actuacións Indicadores
4.2.3. Establecemento e consolidación dunha experiencia piloto de apoio a profesionais sanitarios, e corpos de seguridade que actúan directamente coas vítimas de violencia de xénero.

N.º e natureza das reunións cos e coas profesionais sanitarias

N.º e natureza das reunións cos corpos de seguridade

N.º e natureza dos compromisos adquiridos cos e coas profesionais sanitarias

N.º e natureza dos compromisos adquiridos cos corpos de seguridade

N.º de accións de apoio realizadas cos e coas profesionais sanitarias

N.º de accións de apoio realizadas cos corpos de seguridade

Grao de satisfacción dos e das profesionais sanitarias

Grao de satisfacción dos corpos de seguridade

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Centro saúde
  • Policía local
  • Garda Civil