baiona.org

Visor de contenido web

As políticas de igualdade deben contemplar a necesidade de que as administracións públicas asuman as súas propias responsabilidades na oferta duns servizos socio-comunitarios de calidade, que lles permitan a mulleres e homes optar a eles dun xeito equitativo, que redunden na solución das súas necesidades máis inmediatas e ao mesmo tempo, lles permitan conciliar a vida laboral, familiar e persoal, porque a creación e mellora destes servizos beneficiará non só as mulleres, senón que repercutirá positivamente en toda a sociedade.

Traballar pola igualdade significa tamén mellorar a calidade de vida das mulleres, así como, o acceso destas aos recursos integrando nos servizos municipais as necesidades específicas da saúde física e emocional, así como fomentar os hábitos de vida saudables como xeito de contribuír ao seu benestar físico e psíquico.

Para pode acceder aos recursos en condicións de igualdade é imprescindible ter coñecemento da súa existencia, polo que consideramos imprescindible difundir entre a poboación e o tecido empresarial da zona as axudas existentes dirixidas a fomentar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

A finalidade deste eixe é potenciar a creación, ampliación e mellora dos recursos e servizos que propicien a igualdade e benestar así como facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal como instrumento que nos permitan superar as desigualdades, corrixir as carencias e equiparar as oportunidades. Neste sentido os obxectivos e as actuacións deseñadas están dirixidas ao mantemento de servizos xa existentes así como á creación de novos que posibiliten que a poboación poida acceder e utilizar os ditos recursos en condicións de igualdade.

Obxectivo 3.1

Potenciar a creación, ampliación e mellora dos recursos e servizos que propicien a igualdade e faciliten a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

Actuacións Indicadores
3.1.1. Mantemento do Centro de Información á Muller como servizo de información e asesoramento ás mulleres de Baiona

N.º e perfil das mulleres atendidas

N.º e natureza das consultas atendidas

Grao de satisfacción das usuarias co servizo

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero

 

Actuacións Indicadores
3.1.2. Mantemento do servizo de atención domiciliaria á infancia “Kanguras” destinado á conciliación da vida familiar, laboral e persoal das mulleres e homes do municipio

N.º de demandas recibidas

N.º de atención domiciliarias realizadas

N.º de menores atendidas e atendidos desagregado por sexo

Grao de satisfacción co servizo

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Deputación de Pontevedra

 

Actuacións Indicadores
3.1.3. Fomento e promoción dun programa de apertura anticipada dos colexios da localidade para aquelas nais e pais con incompatibilidades de horarios.

N.º e natureza de contactos e reunións realizadas

N.º de centros educativos que programan a apertura anticipada

N.º de centros educativos que realizan a apertura anticipada

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Educación
  • Xunta de Galicia
  • Centros educativos
  • As ANPA

 

Actuacións Indicadores
3.1.4. Realización de actividades de ocio complementario aos centros educativos que lles sirva como alternativa ás nenas e nenos en períodos non lectivos

N.º e natureza de períodos non lectivos con actividades complementarias

Nº e natureza das actividades realizadas

N.º e perfil das nenas

N.º e perfil dos nenos

Grao de satisfacción das nenas

Grao de satisfacción dos nenos

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Educación
  • Concellería de Cultura e Xuventude
  • Concellería de Deportes
  • As ANPA

 

Actuacións Indicadores
3.1.5. Xestión e impulso ante os organismos competentes para a creación dun centro de día para persoas maiores no municipio.

N.º e natureza de organismos contactados

N.º de reunións realizadas

N.º e natureza de compromisos acadados

 

Departamentos implicados

  • Alcaldía
  • Concellería de Servizos Sociais
  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Xunta de Galicia

 

Actuacións Indicadores
3.1.6. Creación dun centro xuvenil que propicie actividades lúdicas e formativas para a xuventude de Baiona.

N.º e natureza de contactos e reunións

N.º de actividades programadas

N.º de actividades realizadas

N.º e perfil de mulleres asistentes

N.º e perfil de homes asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

Grao de satisfacción dos homes asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Cultura e Xuventude
  • Concellería de Educación

 

Actuacións Indicadores
3.1.7. Apertura e posta en marcha da gardería municipal.

N.º de nenas matriculadas

N.º de nenos matriculados

N.º familias beneficiarias

 

Departamentos implicados

  • Alcaldía
  • Concellería de Educación
  • Concellería de Servizos Sociais
  • Concellería de Igualdade de Xénero

 

Actuacións Indicadores
3.1.8. Difusión entre a poboación da existencia do centro de documentación, así como a ampliación da súa dotación bibliográfica.

N.º e natureza das actividades de difusión

N.º e perfil das mulleres usuarias

N.º e perfil dos homes usuarios

N.º de exemplares incrementados

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de Información á Muller
  • Centro de documentación

 

Actuacións Indicadores
3.1.9. Xestionar o establecemento dunha liña regular de transporte público entre as distintas parroquias e o núcleo urbano adaptado ás necesidades das mulleres e homes do concello.

N.º e natureza das xestións realizadas

N.º e natureza dos compromisos adquiridos

 

Departamentos implicados

  • Alcaldía

 

Actuacións Indicadores
3.1.10. Elaboración e difusión entre a poboación e empresas da localidade dun manual sobre as axudas existentes dirixidas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral e ao fomento da corresponsabilidade.

N.º de manuais editados

N.º de manuais distribuídos

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Concellería de Emprego
  • Tecido empresarial

 

Actuacións Indicadores
3.1.11. Elaboración dun estudo sobre a adaptación dos servizos municipais con relación ás necesidades de veciñas e veciños para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

N.º e natureza de contactos e reunións.

N.º e natureza de propostas

 

Departamentos implicados

  • Alcaldía
  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Asociacións

 

Obxectivo 3.2

Favorecer a mellora da calidade de vida das mulleres mediante actividades informativas e formativas que contribúan ao seu benestar físico e psíquico.

Actuacións Indicadores
3.2.1. Realización de programas de información e educación sanitaria en colaboración co centro de saúde que fomenten entre as mulleres a adopción de estilos de vida saudables: exercicio, alimentación, abandono de hábitos insáns, indicados para cada idade e situación.

N.º de contactos e reunións co centro de saúde

N.º e natureza de actividades realizadas

N.º de mulleres asistentes

N.º de homes asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

Grao de satisfacción dos homes asistentes

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de saúde

 

Actuacións Indicadores
3.2.2. Realización de charlas informativas/formativas en temas específicos de saúde das mulleres (menopausa, osteoporoses, cancro xinecolóxico...) en colaboración co centro de saúde.

N.º de contactos e reunións co centro de saúde

N.º e natureza de charlas realizadas

N.º de mulleres asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro de saúde

 

Actuacións Indicadores
3.2.3. Realización de actividades preventivas de estimulación cognitiva dirixida ás mulleres maiores do municipio en colaboración co centro social e centros culturais do municipio.

N.º de contactos e reunións cos centros sociais e culturais

N.º e natureza das actividades realizadas

N.º de mulleres asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro social e centros culturais

 

Actuacións Indicadores
3.2.4. Realización de actividades de prevención e mellora da saúde física e motora das mulleres maiores en colaboración co centro social e centros culturais do municipio.

N.º de contactos e reunións cos centros sociais e culturais

N.º e natureza das actividades realizadas

N.º de mulleres asistentes

Grao de satisfacción das mulleres asistentes

 

Departamentos implicados

  • Concellería de Igualdade de Xénero
  • Centro social e centros culturais