Festas gastronómicas

Neno comendo rosquilla

É coñecida en toda Galicia a Festa do mel e as noces que se celebra en Baiona coincidindo coa festividade de San Cosme e San Damián (26 de setembro). Durante este día, na praza de Santa Liberata, concéntranse numerosos postos onde se venden e se poden degustar estes produtos.

Son de resaltar tamén os concursos de tapas que se celebran en Baiona e que permiten aos participantes degustar elaboradas tapas preparadas con gusto e profesionalidade polos hosteleiros da Vila. Ademáis de probar exquisiteces en miniatura, os partipantes optan a importantes premios. As datas son as seguintes:

  • Concurso "Bai de Tapas": abril-maio

Na provincia de Pontevedra organízanse numerosas festas gastronómicas ao longo de todo o ano. Estas son algunhas das máis sinaladas:

 

  • LALÍN: FERIA DEL COCIDO
    Fecha: Domingo anterior al Carnaval.
    Declarada Fiesta de Interés Turístico Nacional. Una de las más importantes de Galicia, por la categoría de los pregoneros, los premios gastronómicos y los productos. .
  • BUEU: ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
    Data: Último fin de semana de marzo
    Festa de Interese Turístico de Galicia. É a culminación anual dun ciclo de traballo en favor da recuperación deste millo escuro. Degustación de diferentes pratos elaborados con este tipo de millo.
  • SOUTOMAIOR: FESTA DA OSTRA DE ARCADE
    Data: Primeiro fin de semana de abril
    Festa de Interese Turístico de Galicia.
  • ARBO: FESTA DA LAMPREA
    Data: último domingo de abril
    Das máis antigas de Galicia. Exposición vitivinícola e lamprea cociñada de distintas formas. Festa de Interese Turístico de Galicia.
  • A ESTRADA: FESTA DO SALMÓN
    Data: Terceiro domingo de maio.
    Numerosas actividades relacionadas co rei do río. Degustación popular a un prezo simbólico e prezos especiais nos restaurantes da Estrada.
  • PONTE CALDELAS: FESTA DA TROITA
    Data: Último fin de semana de maio
    Festa de Interese Turístico de Galicia. Realízase o Concurso Internacional de Pesca Deportiva. Pódese degustar este peixe elaborada de diferentes formas.
  • A GUARDA: FESTA DA LAGOSTA
    Data: Primeiro fin de semana de xullo
    Festa de exaltación deste crustáceo que se leva a cabo no porto da Guarda. Degustacións deste e outros tipos de marisco acompañados pola sobremesa típica desta localidade: o roscón de xema.
  • O ROSAL: FEIRA DO VIÑO
    Data: Segundo fin de semana de xullo
    Xornadas de degustación do viño que se fai coas uvas crecidas nos viñedos da localidade.
  • MORAÑA: FESTA DO "CARNEIRO Ó ESPETO"
    Data: Último domingo de xullo.
    Carneiro asado ao xeito crioulo. Festa de Interese Turístico de Galicia.
  • CAMBADOS: FESTA DO ALBARIÑO
    Data: Primeiro domingo de agosto.
    Declarada de Interese Turístico Nacional, é a festa vinícola máis antiga de Galicia. Premios aos 10 mellores albariños, degustación e venda de viño polos colleiteiros da zona.
  • OIA: FESTA DO PERCEBE
    Data: Segundo fin de semana de agosto
    Exaltación deste produto, extraido da costa rochosa da localidade.
  • A CAÑIZA: FESTA DO XAMÓN
    Data: 15 de agosto.
    Na Cañiza danse os mellores xamóns de Galicia. O día da festa elabóranse diferentes porcións con este ingrediente a prezos populares.
  • A ILLA: FESTA DO MEXILLÓN
    Data: agosto.
    Creada para axudar ás agrupacións de mejilloneros da illa. Degustación de mexillóns ao vapor, guisados, en empanada..
  • O GROVE: FESTA DO MARISCO
    Data: Primeiro fin de semana de outubro.
    De Interese Turístico de Galicia. Degustación de moitas clases de marisco nos expositores colocados no porto