Visitar as illas Cíes

Edificio escola deportiva

 

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional marítimo-   terrestre   das Illas Atlánticas de Galicia,   único parque      nacional na nosa comunidade.

Situado na ría de Vigo, o   arquipélago está formado por tres     illas, dúas delas unidas pola praia de Rodas, declarada como    mellor praia do mundo polo diario   inglés “The   Guardian”.

As illas son un paraíso natural que xa foron denominadas   “Illas dos Dioses” polos romanos.  Nelas, o rei Alfonso IX   firmou a Carta-puebla na que se lle outorgaban a Erizana o nome de Baiona e concedíanlle a os seus habitantes importantes foros e privilexios.

As Illas Cíes forman parte da paisaxe de Baiona e desde o porto saen barcos para visitalas en Semana Santa e nos meses de verán. Os despachos para adquirir ass pasaxes están situados na Estación marítima “América”, no porto pesqueiro (detrás da lonxa), de onde parten tamén os barcos.

É importante saber que, antes de adquirir o billete, é necesario solicitar a autorización de visita na seguinte páxina: www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal

Desde Baiona adoitan operar varias compañías (consultar):

-  Naviera Mar de Ons: 986 22 52 72; info@mardeons.com;  www.mardeons.com

-    Nabia Naviera: 986 32 00 48; info@piratasdenabia.com;   www.piratasdenabia.com

- Naviera Rías Gallegas: 608 621 282; riasgallegas@rgnaviera.com; www.rgnaviera.com

Ademáis, desde o Porto Deportivo de Baiona opera a compañía Sea Taxi Charter, taxi rápido ás Illas Cíes: 644 483 305; info@seataxicharter.com; www.seataxicharter.com

 

Máis información sobre as Illas Cíes: páxina oficial do Parque Nacional.