Espazos naturais

Ermida de Santa Marta

O monte da Groba (648 m), o punto de maior altitude do municipio e forma parte da serra do mesmo nome.  Alí está o amplo miradoiro do Cortelliño, desde o que as Rías Baixas semellan unha sobria e colorista acuarela.

O esteiro do río Miñor esténdese desde a ponte da Ramallosa ata a súa entrada na ría de Baiona, a carón da praia da Ladeira. O esteiro, que ten partes arenosas e marismas, está poboado principalmente por xuncos e plantas salinas. Apenas está bordeado por bosque de ribeira, agás a zona próxima á praia, na que abondan os piñeiros.