Lecer e deportes

Casco antigo

Tradicción e modernidade

As horas de lecer e a práctica deportiva en Baiona están rexidas por unha conxunción de tradición e modernidade. Vén dado, sen dúbida, este panorama a que tanto os propios cidadáns como as institucións e clubs locais saben que deben apostar tanto por conservar os deportes autóctonos como por desenvolver outras actividades de maior calado social.

Por iso, Baiona, ademais de seguir coidando unha contorna que a converte nun dos mellores espazos para a celebración de competicións de vela nacionais e internacionais, segue prosperando coas súas escolas deportivas municipais e mantendo aqueles costumes coas que gozaban os nosos antepasados, como o xogo de birlos celtas ou as regatas de gamelas.