Regatas

 

O longo litoral baionés, salpicado de cantís, espigóns e diques por onde o mar serpea, é sempre un espazo aberto digno de admirar. En días claros ou invernais, con cores acendidos ou sombríos, a costa de Baiona é unha estampa sumamente pintoresca. Por todo isto, podemos dicir que Baiona é un lugar propicio para a práctica de deportes náuticos.

Na Vila ten a súa sede o Monterreal Club de Yates, prestixioso club de vela internacional, situado no recinto da fortaleza de Monterreal. Pode acoller nos seus peiraos preto de trescentas embarcacións e é o encargado de organizar e albergar moitas das regatas que se celebran na Vila. Ademais conta cunha Escola de Vela que funciona durante todo o ano.

Contamos tamén co Porto Deportivo de Baiona, situado no Paseo Alfonso IX, que ten unha reserva de máis de 300 puntos de atraque.

 

As regatas máis destacadas son as seguintes:

 

- Regata Pornic-Baiona-Pornic: celébrase no mes de xullo, cada 3 anos.

- www.mrcyb.es/regatas/Regata Conde de Gondomar: xullo

- Regata de Gamelas: agosto

- Regata Príncipe de Asturias: setembro

 Consulta aquí o calendario de regatas.