A Fachada Marítima

Puerto

O primeiro que a un lle ocorre ao entrar en Baiona é toparse co seu mar e coa súa fachada portuaria de casas mariñeiras, comercios e construcións modernas. Como unha longa alfombra esténdense os seus paseos a beiras da baía, para que o visitante goce da esencia marítima que acompañou desde a súa orixe ao municipio e os seus habitantes.

Uns concibidos para contemplar os rompeolas, outros para otear os límites e a liña horizontal do océano, e outros sinxelamente para pasear a beiras do peirao pesqueiro, vendo os barcos partir ou chegar, o certo é que ao redor dos paseos que compoñen ese amplo bulevar costeiro bascula a vida do municipio, unha comuñón natural entre turismo e cidadanía.