Baiona

Ribeira

Á orixe do topónimo pódeselle aplicar igual explicación que para o de Baíña. Teorías coma a achegada polo licenciado Molina en 1550 ("aquel pueblo de Baiona se llamaba antiguamente Boyana: por un buey que tiene por armas: y corrupto el vocabulario dice Baiona por baya: por que es la mejor playa del río"), coma outras moitas xurdidas ó longo da historia, carecen totalmente de fundamento.

Na parroquia de Baiona convócanse os elementos artísticos, sociais e turísticos de maior engado do municipio. Ó longo destas páxinas están tratados cada un deles: a fortaleza de Monterreal, os templos relixiosos, os seus valores naturais, a súa oferta de lecer e vacacións e, por suposto, as pegadas dunha historia axitada que salientan o seu atractivo.

Núcleos de poboación: A Anunciada, Baiona, Covaterreña, Loureiral, Percibilleira e San Antón.

Patrón: Virxe da Anunciada e Santiago Apóstolo.

Tamén reciben culto especial en Baiona a Virxe do Carme, Santa Liberata, a Virxe da Rocha e San Cosme e San Damián.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Etnográfica