Festa da Arribada

Edificio escola deportiva

O día 1 de marzo conmemórase a chegada da carabela Pinta ao porto de Baiona coa noticia do descubrimento de América. Nos últimos anos aumentáronse os actos para lembrar tan histórico feito.

Celébrase nas rúas do casco antigo e os paseos contiguos unha festa medieval na que se ofrecen os produtos de artesanía que se consumían no século XV. Músicos, xograres, malabaristas e artesáns percorren eses días as rúas revivindo aquel feito. Ademais, escenifícase a reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron da xesta do descubrimento ao corrixidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.

Os actos complétanse cunha cerimonia oficial na que participan os representantes dos concellos de Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada e Pornic, vilas hermanadas coa de Baiona.

No ano 2015, a Festa da Arribada foi declarada de "Interese Turístico Internacional".

 

Próxima celebración: do 1 ao 3 de marzo de 2024.

Máis información: www.baiona.gal

 

Información sobre Cómo chegar a Baiona.