Festas e tradicións

 

Son moitas as festas e celebracións que se levan a cabo en Baiona e as súas parroquias.

As parroquias son as unidades relixiosas das 67 dióceses existentes e, cada unha delas ten un patrón. As festas en honor a cada un deles consisten en oficios relixiosos aos que, en ocasións, segue unha celebración.

Igualmente en cada comarca ou rexión perviven ritos ou celebracións ancestrais relacionadas con mitos, lendas e costumes profanas.

As festas máis destacadas de Baiona son as seguintes:

 

  • Festa da Arribada
    (Baiona / primeiro fin de semana de marzo)
    Romaría medieval coa que se conmemora a Arribada da Carabela Pinta a Baiona en 1493 anunciando o descubrimento de América.
  • Semana Santa
    (En tódalas parroquias de Baiona)
    Tradicionais festas relixiosas nas que se lembra a morte e resurrección de Cristo. As procesións e pasos da Semana Santa de Baiona son famosos en toda a comarca.
  • Curros de cabalos
    (Monte de A Groba / última fin de semana de maio e 1º e 2º de xuño. Pendente de confirmación)
    Marcado de cabalos salvaxes. Unha das máis espectaculares celebracións ancestrais de Galicia.
  • Virxe da Cela
    (Baredo / primeiro domingo de xullo)
  • Virxe do Carmen
    (Baiona / 16 de xullo)
    Procesión marítima pola ría coa Virxe os pescadores e ofrenda floral polos falecidos no mar.
  • Santa Mariña
    (Baíña / 18 de xullo)
  • Santa Liberata
    (Baiona / 20 de xullo)
    Oficios na honra da mártir baionesa, a primeira muller crucificada da historia.
  • Santa Cristina
    (Santa Cristina da Ramallosa / 24 de xullo)
  • Virxe da Anunciada
    (Baiona / 1º fin de semana de agosto)
    Patroa de Baiona. Os mariñeiros bailan a centenaria Danza das Espadas.
  • San Lorenzo
    (Belesar / 10 de agosto)
  • Santa Marta
    (O Burgo-Baíña / 15 de agosto)
    Misa e procesión na ermida da península de Santa Marta.
  • Virxe da Rocha
    (Baiona / último domingo de agosto)
    Romaría campestre no parque Mercedes Escalera, anexo ó monumento-miradoiro dedicado á Virxe.
  • San Cosme e San Damián
    (Baiona / 26 de setembro)
    Festa das noces e do mel e postos de venda de productos agrícolas.