Monumentos da Arribada

Paseo

A arribada da carabela Pinta ó porto de Baiona o 1 de marzo de 1493 marcou a historia posterior desta vila. A data nunca poderá ser esquecida; tanto é así que a festa local oficialse celebra ese día. Pero tamén, produto dos aniversarios, as distintas corporacións honraron aquel feito con monumentos que testemuñan o agradecemento dos baioneses polos tripulantes das carabelas. Estas que vos amosamos son as principais mostras artísticas creadas para lembrar tan destacado suceso.