Arte Relixioso

Santa María

Das obras de signo relixioso conservadas en Baiona destaca o trío composto pola igrexa de Santa María de Baiona, a capela de Santa Liberata e o cruceiro da Santísima Trindade.

A primeira é unha espléndida composición de estilo románico oxival que mereceu durante o século XV a consideración de Colexiata. En canto á segunda, máis que polo seu estilo arquitectónico -foi construída no século XVII e é de corte prateresco- destaca polo motivo que honra: o martirio de Santa Liberata, a primeira muller crucificada da historia. Polo que respecta ó cruceiro da Santísima Trindade resulta especialmente interesante a súa cuberta renacentista, que fai del unha obra peculiar no seu estilo.