Capela da Misericordia

N ???
W ???

Capela da Misericordia

 

A capela da Misericordia foi edificada por mandado de Felipe II en 1595 á entrada de Monterreal. En 1656 reedificouse no casco antigo da vila, no lugar que hoxe ocupa. É de planta rectangular e aspecto austero. O máis valioso está no seu interior. O seu retablo barroco está presidido por un gran Cristo crucificado, nunha cruz que veu de México cargada de moedas de ouro nos tempos que estaba prohibido o envío deste metal, como donativo dos baioneses que alí residían para sufragar a reconstrución do templo. Na capela gárdanse tamén varias imaxes, coma a do Cristo dos farois, a Dolorosa, Santa Isabel ou a Inmaculada.

O templo pertence en patrimonio á Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, constituída en 1574 en honor de Santa Isabel. Esta Confraría, a máis antiga de Galicia, naceu co propósito de cumprir as obras de misericordia, principalmente dar enterro e acompañar no seu último transo ós veciños e forasteiros finados na vila. Desde a súa fundación a Irmandade organiza as celebracións relixiosas da Semana Santa baionesa.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica