¿Qué é o programa C-Test?
A través do Programa de Teleformación C-Test, o Instituto da Muller persegue extender o coñecemento e o acceso ás Novas Tecnoloxías da Información ó maior número de mulleres en todo o territorio nacional.
Por elo:
- O Programa de Teleformación incorpora cursos sobre diferentes materias informáticas e con diferentes niveis de complexidade, co obxecto de ofertar ás alumnas unha ampla gama de accións formativas adaptadas ás súas necesidades.
- A teleformación permitelles ás alumnas seguir os cursos con total liberdade de horarios, ben dende o propio domicilio, ou ben dende os Centros Antena habilitados para tal efecto polas administracións autonómicas e locais vinculadas ó Programa de Teleformación do Instituto da Muller. Neste caso o Concello de Baiona conta cun aula vinculada a este proxecto (no Centro Antena de Sabarís) na que se imparte este programa de formación de xuño a decembro deste ano.
- As alumnas están permanentemente asistidas, a través de Internet e nos Centro Antena, tantos nos aspectos técnicos e metodolóxicos, como en canto ós contidos dos diferentes cursos ofertados.
O Programa de Teleformación, impulsado polo Instituto da Muller e polas administracións autonómicas e locais vinculadas o mesmo, persigue un doble obxectivo: por unha banda, achegar o mundo das novas tecnoloxías ás mulleres e, por outra banda, adaptar os coñecementos das mulleres ás modificacións que as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación impoñen no mercado laboral.
Características dos cursos
- Os cursos, desenvolvidos a través da Internet, contan cun profesorado, titorías individualizadas que prestarán asistencia técnica e metodolóxica ás alumnas.
- Son cursos de balde, pódense realizar no Centro Antena do Concello de Baiona que habilitará amplos horarios adaptables a calquera muller, ou no propio domicilio no que sólo será necesario ter equipamento informático (hardware e software) e acceso a Internet.
- As alumnas só poderán optar a un curso por convocatoria (ano).
No caso de interesarlle a inscrición en algún deles, deberá solicitalo na seguinte dirección
Centro de Información á Muller do Concello de Baiona (rúa Dolores Agrelo nº 16, tlf: 986.35.75.54)
CURSOS
- ADMINISTRACIÓN Y OFICINAS
-CONTAPLUS
-FACTURAPLUS - IDIOMAS
-INGLÉS INICIAL
-INGLÉS INTERMEDIO - INFORMÁTICA
-ORACLE
-VISUAL BASIC
-PROGRAMACIÓN JAVA - OFIMÁTICA Y DISEÑO
-MICROSOFT OFFICE
-WINDOWS XP E INTERNET
-CREACIÓN DE PÁGINAS WEB
-DISEÑO GRÁFICO
-DISEÑO PUBLICITARIO