baiona.org

Noticias

« Atrás

Programa de Conciliación Semana Santa 2019

O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para solicitar praza no Programa de conciliación Semana Santa 2019, dende o martes 12 de marzo ata o mércores 27 de marzo, ambos os dous incluídos. As bases que rexen a convocatoria poden descargarse da páxina web municipal ou recollelas no rexistro de entrada do Concello ou no Centro municipal de Información á Muller. Para máis información teléfono 986/357554.

O programa desenvolverase os  dias 15, 16,17 e 22 de abril de 8:00 a 15:00 h. no CPI Covaterreña. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 h.) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 h) O Programa de conciliación Semana Santa 2019, pretende ocupar o tempo libre dos nenos e nenas en idade escolar de forma organizada e planificada a través de actividades de calidade. É unha medida municipal de conciliación promovida pola Concellería de Igualdade, e cofinanciada polo Concello de Baiona e as familias participantes.

 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)