baiona.org

Noticias

« Atrás

Concurso "Cambia a historia"

O Concurso da rede instagram “Cambia a historia” que se celebrou durante a celebración da Arribada 2019,  xa ten foto gañadora . O concurso formaba parte da campaña “Agresión OFF”. Eu digo non a Violencia sexual ,enmarcada no acordo asinado entre a Vicepresidencia e a Axencia de Turismo de Galicia e que tiña como obxectivo difundir dita campaña nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional, e nos festivais acollidos na marca Festgalicia. O acordo forma parte das medidas posta en marcha ao abeiro do Pacto de ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O concurso inciouse o venres 1 de marzo ás 20:00 horas e rematou o luns 4 ás 12:00 horas .Tratábase de subir unha fotografía a Instagram no photocall ou os bocadillos con mensaxes da campaña, utilizando os dous hashtags #cambiaahistoria e #agresiónOFF.

A foto que acadase máis likes gañaría un smartphone huawei Y6 2018 DS BLACK. A foto gañadora foi á pertencente ao perfil wiiiniiifeeer cuxa fotografía acadou 445 likes. O alcalde de Baiona entregou o premio a gañadora

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)