| Noticias « Atrás O Concello de Baiona instala un novo sistema de apertura e peche automático no cemiterio municipal de Santa María de BaionaO Concello de Baiona instala un sistema automatizado de apertura e peche no cemiterio municipal de Santa María de Baiona. A efectividade deste novo sistema informatizado permite ter un acceso controlado e máis cómodo para o cidadán. O cemiterio municipal pode ser visitado calquera día do ano, incluídos os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O seu horario de apertura é de 09:00-21:00 horas ( horario de verán, 1 de abril ao 31 de outubro) e de 09:00-19:00 (horario de inverno, do 1 de novembro ao 31 de marzo). Para impedir que alguén quede encerrado no seu interior existe un pulsador de apertura. O novo sistema entrará en funcionamento mañá. Así mesmo, operarios municipais están a levar a cabo tarefas de limpeza de reforzo no camposanto para a festividade de Todos os Santos, traballos que se suman aos ordinarios. GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
|