| Noticias « Atrás O Concello de Baiona cancela as actividades programadas para o sábado 31 de outubroO Concello de Baiona cancelou as actividades programadas para o sábado, 31 de outubro. O goberno local tomou esta decisión por responsabilidade. Deste xeito cancelouse a programación do OutubroDiverso organizado pola Concellería de Igualdade prevista para a xornada de mañá: Unha charla con Petra Porter e o Comité Marikas x a festa sobre "Orgullo, non só hai un", que ía ter lugar o sábado ás 12:00 horas no Hall do Concello de Baiona e o concerto das 20:30 horas na praza do Concello co espectáculo "As VARIETÉS de Petra Porter", de Combinación Imperfecta, actividades que pechaban un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ e que se sucedeu ao longo do mes de outubro. Tamén se supendeu o espectáculo interactivo infantil “A Bailar Esqueletes”, a cargo do grupo Animar- T, previsto para ás 18:00 horas na praza do Concello, actividade realízada con motivo da celebración do Samaín e enmarcada dentro do BaiOutono, programación realizada pola Concellería de Cultura de Baiona “Desde o comportamento exemplar que demostraron os nosos veciños e veciñas ata o de agora, temos que seguir pedindo disciplina e un maior esforzo para minimizar os riscos que seguen estando moi presentes”, indica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado. Ao mesmo tempo que recomenda “evitar as reunións sociais na medida do posible. O importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, tal e como a cidadanía baionesa vén facendo con exemplaridade desde o inicio da pandemia”, finaliza o rexedor. Desde o Consistorio faise un chamamento ao cumprimento estrito de todas as indicacións das autoridades sanitarias, facendo fincapé nas últimas restricións da Xunta de non congregarse máis de cinco persoas. GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
|