baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona rubrica por primeira vez un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña

O  Concello de Baiona rubrica por primeira vez un convenio de colaboración coa Asociación  Avelaíña. 

 
O Alcalde de Baiona. Carlos Gómez Prado, e a presidenta da Asociación “ Avelaíña”, Fernanda  Orduna, rubricaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá  unha subvención do  Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen. A contía concedida ascende a 1.000 euros, e  axudarán a dar resposta á necesidade de información en saúde mental na Vila. 
 
 
É a primeira vez que o  Concello de Baiona asina un convenio de colaboración con esta entidade.O Alcalde e a presidenta asinaron o documento que  oficializa a alianza municipal cunha asociación que conta con máis de 20 anos de experiencia ao servizo da saúde mental. Nación en 1997 na  Guarda pero o proceso de expansión da Asociación continuou pola comarca do Val Miñor, #ante a necesidade dalgúns usuarios que se desprazaban ata a Garda para recibir atención. Tras pasar por diversos enclaves (Gondomar, Nigrán e Ramallosa) e unha gran serie de xestións e contactos, no ano 2013  Avelaíña solicitou á Tesourería Xeral da Seguridade Social o local situado na Casa do Mar de Baiona. A súa cesión supuxo a estabilización das actividades como Centro de Rehabilitación Psicosocial na comarca do Val Miñor, configurando un servizo e unha nova sede de traballo que se manteñen ata a actualidade.
 
 
O Alcalde destacada que “con este convenio, o  Concello  quere recoñecer o labor desta asociación e apoiar a súa acción social” . Desta forma, o Consistorio apoia “o traballo constante que realiza a Asociación  Avelaíña en beneficio da saúde mental. Temos un compromiso coaatención ás persoas con distintas necesidades neste campo e comprometémonos a seguir colaborando en anos vindeiros”. 
 
O novo servizo tratará de dar resposta ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida. Trátase dun servizo que vén realizando “ Avelaíña” de forma permanente na zona do Val Miñor, o cal, debido á gran demanda de atención derivada pola situación de crise sanitaria do COVID-19, viuse incrementado. 
 
Os beneficiarios directos desta atención será calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, podendo ser persoas con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo así como calquera cidadán ou  cuidadana  do  Concello de Baiona.
 
As persoas usuarias poderán acceder ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutros recursos  sociocomunitarios: Servizos Sociais do  Concello, Centro de Saúde, etc. Accederán ao servizo despois de ser contactadas pola profesional de referencia de  Avelaíña, que establecerá unha primeira cita. 
 
A Presidenta da Asociación expresou o seu agradecemento ao  Concello  de Baiona polo seu compromiso coa firma deste convenio e pola  achega económica. 
 
A Asociación na súa sede en Baiona ofrece os servizos de Respiro Familiar, Acompañamento Integral, Xestión e Tramitación, Atención Domiciliaria, Orientación e Integración Laboral, Información e Asesoramento, Escola de Familias, Proxecto de Promoción da Autonomía Persoal en enfermidade mental grave, Proxecto VOZ Natura, a Asociación conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial, con prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)