baiona.org

Noticias

« Atrás

NOVO PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE NA PARROQUIA BAIONESA DE BELESAR

 O Concello abre a zona de xogos de Portameán

O Concello de Baiona reabriu esta semana o parque de Portameán, na parroquia de Belesar, despois de levar a cabo unha profunda reforma de mellora e ampliación da zona de xogos.

O novo parque infantil e biosaudable de Portameán xa está aberto con novos elementos para pequenos e maiores. Nos traballos levados a cabo polos operarios municipais instalouse un novo valado de madeira, así como elementos biosaudables que foron reciclados de outras zonas e novos xogos, como columpios e cama elástica, para os máis pequenos.

A actuación tamén inclúe a colocación de bancos e papeleiras, ademais dunha nova plataforma de xabre e area. A inversión do Concello rondou os 8.000 euros.

 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)