baiona.org

Noticias

« Atrás

Programa de Conciliación Escola de Verán 2019

O Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2019. Dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase  ao longo do mes de xullo, de luns a venres (salvo o xoves 25 de xullo ) de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15h. ) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00h).

Ten  como obxectivo xeral “facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar  a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo”. Ofértanse 120 prazas,, e as  persoas interesadas poden solicitar praza dende o martes 7 de maio ata o venres 24 de maio.

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller no Centro Municipal de Información á Muller, no rexistro do Concello de Baiona ou descargalas da páxina web do concello . Para máis información poden contactar no 986/357554.

A actividade é cofinanciada polas familias participantes, o Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2019.

¡¡MAIS INFORMACIÓN!!