Baredo

Baredo

Convertida en parroquia independente en 1810 por decisión de García de Benito, bispo de Tui. Ata entón, coma o resto de parroquias, pertencía ó mosteiro de Oia, a quen as doou no século XII Afonso VII.

Baredo posúe un núcleo rural moi ben conservado no que aínda se observan adoito camiños empedrados e casas labregas típicas. O seu litoral é rochoso e iso permítelle recolleitar un dos mellores percebes de Galicia, así como bo peixe de rocha como o sargo. Nos seus dominios érguese o Faro Silleiro, que aínda sinala as rotas dos barcos que pasan por esta zona. Preto de el, en primeira línea de costa, consérvanse restos do antiguo faro, conocido como "Faro Vello". Próximo a este lugar sitúase unha antiga batería militar.

Núcleos de poboación: Agro, Bouza, Cadeiras, Cancelo, Caneiro, Carballo, Lombo, Portelos, Ponte, Río, Rocamar e Torre.

Patrón: Virxe da Cela.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Etnográfica