Paseo Marítimo

Paseo Marítimo

 

O paseo marítimo de Baiona é probablemente o máis atractivo bulevar costeiro de todas as vilas da provincia. Máis aínda ca noutras poboacións desenvolvidas a partir do seu porto, a súa antiga concepción urbanística permitiulle integrarse impecablemente ó núcleo de poboación. Hoxe o paseo, ampliado e restaurado, é un elemento arquitectónico funcional e estético, ideal para deterse a contemplar a baía ou as brancas galerías vidradas da fachada marítima. A beirarrúa oposta ó mar é unha longa arteria comercial que reúne restaurantes, terrazas, hoteis e tendas de produtos de alta calidade.

Por este paseo chegamos ao parque da Palma, situado no centro de Baiona, e dotado de parques infantís, parque biosaludable, zona polideportiva, merendeiro, bancos de pedra e un antigo palco da música.

A lonxitude actual dos distintos tramos de paseo marítimo excede os cinco quilómetros. O paseo marítimo chega ata A Ramallosa, un amplo espazo para os viandantes de máis de 3,5 quilómetros que circunda e illa do tránsito rodado toda a costa do municipio e o esteiro do Miñor ata a súa unión co concello de Nigrán.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Natureza