Casa da Navegación

N 42° 7' 8.2"
W 8° 50' 53.2"

Parque da Palma

 

Situada no casco histórico de Baiona, na coñecida como Casa Carbajal, contén unha colección visitable que abrangue toda a historia e o protagonismo naval de Baiona.

Entre os elementos destacados están os privilexios reais outorgados á Vila polos diversos monarcas, destacando a Carta poboa de Alfonso IX de 1201, as cartas dos Reis Católicos outorgadas á Vila de Monte Real en 1497, o códice de Felipe II de 1.593, unha peza única dun valor incalculable, e as culebrinas encontradas en Cabo Silleiro. Tamén destaca a réplica do Scarlet Knight, ou Carabela do século XXI, pequeno submarino que cruzou por primeira vez o Atlántico sen tripulación.

O edificio conta tamén cunha zona axardinada á que se accede pola Rúa do Reloxo.

Para máis información pulse aquí.

 

 

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica