Faro Silleiro

N 42° 5' 30.2136"
W 8° 49' 33.801"

 
 
 
 

 

En 1866 inaugurouse o faro Silleiro, situado no cabo do mesmo nome, na parroquia de Baredo. Unha lámpada de mecha que utilizaba aceite vexetal foi o seu primeiro combustible, substituído en 1909 por unha lámpada de petróleo.

O 3 de agosto de 1924 inaugurouse o novo edificio no cumio da montaña, a 85 metros sobre o nivel do mar e a uns 250 da beira da punta da Negra. O edificio ten axuntada á súa fachada oeste a torre do faro e, próximo a el, pódense mirar as ruínas dunha batería de tiro da Armada, cos seus canóns taponados.

Desde 1960 ten unha lámpada de 3.000 watios que se pode ver a 40 millas con tempo despexado.

Uns anos antes instaláronlle unha sirena, unhas lentes de 25 quilómetros de alcance para orientar os avións e un emisor eléctrico con alcance de 200 millas e unha frecuencia 310,3 A2.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica