Casco Antigo

N 42° 7' 5.9802"
W 8° 51' 7.077"

 

O casco antigo de Baiona foi declarado conxunto de interese histórico-artístico pola Dirección Xeral do Patrimonio en 1993, coincidindo coa celebración do V Centenario da Arribada. A súa protección está contemplada no Plan Xeral de Ordenación Urbana e no Plan Especial de Protección do conxunto histórico-artístico, que limita a altura dos edificios e a calidade dos materiais.

Aínda que parte do casco antigo está situado entre o Burgo (península de Santa Marta) e Sabarís, o núcleo principal está radicado no centro do municipio e ocupa un círculo case pechado. Este ten tres entradas: pola praza de Santa Liberata, pola do Pai Fernando e desde o cruceiro da Trinidade. As súas rúas son angostas, estreitas e empedradas, con edificios de soportais, de pedra ou granito, e cunha planta de pouca altura. A cada paso hai un pequeno templo, unha fonte ou unha casa nobiliaria. E no aire, sempre, o perfume do mar.

Roteiros de Interese: Casco Histórico