Capela de Santa Liberata

N 42° 7' 4.4256"
W 8° 51' 5.9646"

Capela de Santa Liberata

 

A capela, consagrada na honra da mártir filla de Baiona e primeira muller crucificada da historia, é de estilo italiano prateresco e comezouse a construír en 1695 por subscrición popular. A fachada do templo ten dúas elegantes torres e no centro, sobre o lintel e escoltada por un antigo escudo de Baiona e outro do Reino de Galicia, unha fornela coa imaxe da santa crucificada.

O retablo está presidido tamén pola escena da súa crucifixión e por unha serie de medallóns de altorrelevo que representan o martirio sufrido polas súas oito irmás. Nos laterais do altar consérvanse dous lenzos en bo estado de San Francisco Xavier predicándolles ós indios e da Virxe do Carme.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica