Entorno natural do río Baíña

 Neste paraxe natural, ubicado na parroquia de Baíña,  podemos disfrutar dunha pequena área de lecer, próximo a unha pequena fervenza, rodeada de vexetación autóctona, onde tamén atoparemos varios muíños, sendo só un deles, o que está rehabilitado. Os muíños denomínanse: muíño da Villeira, muíño Vello (o que está rehabilitado), muíño Lemos, muíño Río Grande e muíño Calla Gorra.


 

FLORA DA SENDA :

A especie dominante é o piñeiro ( pinus pinaster) e o eucalipto (eucaliptos globulus). Entre as especies que atopamos no sotobosque destacamos o toxo ( ulex eurofaeus), as xestas e carrascas, aínda que tamén atopamos outro tipo de breixos como a calluna vulgaris e a daboecia cantabrica.

Fai varios miles de anos, os piñeirais, foron a vexetación clímax do noso país, aínda que despois, debido aos cambios de clima, desapareceron, tomando os carballos a substitución. Temos por tanto un bosque mixto xa que atopamos carballos ( quercus roubar), postos pola natureza, e os piñeiros ( pinus pinaster) postos polo home. Tamén podemos atopar nas ribeiras especies características de zonas húmidas tales como o aliso, ( agnus glutinosa), salgueiro ( salix atrocinerea), bidueiro ( betula alba). En canto ao sotobosque podemos ver o fento macho ( dryopteris filix mais), fento femia ( dryopteris filix femina), fento real ( osmunda regalis) e brusco ( ruscus aculeatus) . Tamén atopamos algunhas enredadeiras.

 

FAUNA :

Atopamos especies típicas de matogueira e do bosque como son a curruca rabilarga ( sylvia undata) e a tarabela común ( saxicola torquita), beneficiadas polo desenvolvemento de matogueira. Atopamos tamén o pinzón vulgar ( fringilla coelebs), a pomba torcaz ( columba palumbus), merlo ( torcas merula), o petirrojo ( erithacus rubecola), corvo ( corvus corax) estorniños ( sturnus vulgaris) e o gorrión ( passer domesticus). Tamén podemos ver aves rapaces como o rateiro común ( buteo bueo) e o azor ( accipiter gentiles). Especies mamíferas como son o coello ( oryctologus cuniculus), o raposo ( vulpes vulpes), o esquío ( sciurus vulgaris) e o xabaril. Podemos atoparnos tamén con lagartas galegas ( podarcis bocagei).