Escolas deportivas

Edificio escola deportiva

Coa posta en marcha do Pavillón Deportivo Municipal, creáronse as novas Escolas Deportivas Municipais e actividades para adultos. Estas teñen como elemento aglutinador fomentar e promocionar o "Deporte para todos", potenciando a visión educativa do deporte, así como impulsar o asociacionismo deportivo.

Os cursos comenzan no mes de outubro, coincidindo co  inicio da temporada escolar, e terminan a finais de maio. A tempada estival aproveitase para impulsar tamén  as actividades relacionadas co mar.

A actividades seleccionadas pola Concellaría de Deportes e Actividades Marítimas caracterízanse por ser xenéricas e globalizadoras, tendo cabida as distintas tendencias deportivas actuais. Son, ademais, de carácter mixto, o que amplía as súas posibilidades de éxito e fai que se axusten á realidade social e deportiva do municipio.

Modalidades

  • Aerobic
  • Badminton
  • Baloncesto
  • Fútbol
  • Fútbol Sala
  • Fitness
  • Pilates
  • Ximnasia de mantemento
  • Ximnasia rehabilitación
  • Loita libre
  • Patín
  • Taichi
  • Taekwondo
  • Tenis
  • Ioga
  • Vela lixeira
  • Windsurf
  • Paddle Surf
  • Outras modalidades

 

Competicións e outras actividades

  • Carreira pedestre popular
  • Regata de gamelas
  • Campus deportivos
  • Torneos de verán
  • Travesía a nado
  • Maratón de montaña
  • Triatlón
  • Subida ciclo-turista
  • Minibasket
  • Etc.

 

Para máis información de actividades deportivas visite a web do deporte municipal ou contacte co Pavillón de Baiona (Tel. 986 35 68 58 / deportes@baiona.org)