Virxe da Anunciada

Edificio escola deportiva

A Anunciada é a patrona dos habitantes de Baiona, a Virxe propia dos mariñeiros desta vila. Un dos actos máis destacados de tódalas celebracións da comarca é a procesión que sae coa imaxe da Virxe ás 9 da noite do sábado, percorrendo as rúas e paseos cos seus balcóns embelecidos por bandeiras e guirnaldas.

Ese día os baioneses executan fronte á Virxe a súa tradicional "Danza das espadas", cuxa composición data do século XV.

Ás doce da noite do sábado celébrase unha sesión de fogos de artificio e lucería.

O acto forma parte das festas patronais da localidade, que se celebran por tradición durante o sábado, domingo e luns.

(Data: primeiro fin de semana de agosto)