Semana Santa

Edificio escola deportiva

Desde 1574, ano en que se constituíu a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, os actos da Semana Santa son organizados por esta confraría relixiosa, en colaboración con Concello de Baiona e a Parroquia de Santa María, cuxas tradicións seculares converten en extraordinarias estas festas relixiosas. A procesión dos Pasos (Xoves Santo) ?escenificada con figuras viventes? ou a do Santo Enterro (Venres Santo), na que os Confrades da Irmandade encapuchados acompañan ao Cristo xacente, proban a veneración e solemnidade con que se concibe a Semana Santa en Baiona.