A Semana Santa en Baiona

Procesión

Os actos da Semana Santa no municipio son organizados pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia xunto á propia parroquia de Santa María de Baiona e o Concello da vila. Desenvólvense da seguinte maneira:

  • Domingo de Ramos: é a procesión dos Ramos que parte do Convento das Dominicas ata chegar á Ex-Colexiata de Santa María, na Praza de Santa Liberata.
  • Procesión dos Pasos: denomínase así á procesión que se desenvolve o Xoves Santo. Organizada e sufragada pola Irmandade, o seu principal característica son as súas figuras viventes: nenos vestidos de figuras bíblicas, soldados romanos e anxos.
  • Visitación das Igrexas: desde a tarde do Xoves Santo e até a tarde do Venres as igrexas de Baiona permanecen abertas.
  • Santo Enterro: a procesión do Santo Enterro -que en Baiona é coñecida como a Procesión dos Homes, aínda que asistan á mesma homes e mulleres- desenvólvese o Venres Santo pola tarde. Organizada e sufragada polo Concello de Baiona, o Cristo Yacente vai acompañado polos Confrades da Irmandade da Santa Casa encapuchados.
  • Procesión da Dolorosa: é coñecida como a Procesión das mulleres, xa que só elas participan. Nos últimos anos chegaron a participar máis de dous mil mulleres.