Curros

CurrosA Serra da Groba, entre os municipios de Oia e Baiona, é un dos poucos lugares onde aínda se celebran os curros ou rapa das bestas, unha das máis vistosas celebracións ancestrais galegas. Alí márcanse cada ano os milleiros de cabalos salvaxes que acampan nas abas da serra da Groba. Anque viven ceibes, os cabalos pertencen ás comunidades veciñais de montes.

Algúns dos petroglifos atopados na zona testemuñan a presencia destes animais hai cinco milleiros de anos. En lembranza diso, os debuxos dos ferros son similares ós gravados polos seus devanceiros sobre as rochas.

O día grande desta festa é o domingo. Ese día, a media mañá, os gandeiros baixan os fatos de cabalos desde o monte cara o curro (ou curral). Unha vez aquí sepárase ós animais para marcalos. Para facer isto, os bestalleiros bótanse sobre eles e derrúbanos: os poldros nacidos durante o ano márcanse cun ferro candente e ás eguas córtanlles as crinas. As eguas preñadas, as crías e máis os cabalos vendidos ou destinados a traballar no campo condúcense a outros curros.

Esta espectacular celebración está tinxida dun aire festeiro, e é común que xunto ós curros haxa postos nos que probar pan de millo, polbo, viño e empanada, tan típicos nas romarías galegas.

Curros de cabalos nos montes de Baiona e Oia

  • Valga (Oia) (segundo domingo de maio). Pendente de confirmación
  • Torroña (1º fin de semana de xuñio).Pendiente de confirmación
  • Mougás (2º fin de semana de xuño). Pendiente de confirmación