Arquitectura e monumentos

Arquitectura

Baiona posúe un bo legado artístico para amosar. A súa construcción máis emblemática é a fortaleza de Monterreal, un recinto ameado de máis de 3 quilómetros de muralla de grande relevancia na historia da Vila. Á parte deste fortificado consérvanse valiosas mostras de construccións civís e relixiosas de distintas épocas e unha serie de monumentos, case todos da era moderna, creados para lembrar a Arribada da Carabela Pinta ó porto de Baiona en 1493.