Monumento "Encontro entre dous mundos"

N 42° 7' 20.78"
W 8° 51' 1.93"

Monumento ó Encontro de Dous Mundos

 

Inaugurada polo príncipe Felipe coincidindo co V Centenario da Arribada de Pinzón a Baiona, a escultura, realizada en granito, consta de cinco grupos que representan a Galicia, América, a emigración e o retorno, colocados arredor dunha grande esfera que simboliza o mundo e que contén no seu interior mostras de terra traída dos 22 países iberoamericanos e depositada polos seus embaixadores o día da inauguración.

O monumento, de gran tamaño (9 metros de anchura e 4,5 de altura), está situado sobre a muralla da media lúa do Condestable, ó pé do recinto amurallado de Monterreal, e é obra do artista Magín Picallo.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica