Monolito á Arribada

N 42º 7' 8.745"
W 8º 50' 52.7958"

Monolito á Arribada

 

Na praza de Pedro de Castro está radicado este monolito, levantado por orde do Instituto de Cultura Hispánica en 1965 para conmemorar a arribada da carabela Pinta. A rocha, de vinte toneladas, trouxérona do monte da Groba e ten no seu frontal unha carabela esculpida por Anxo Fernández e unha placa de bronce cun texto alusivo a tan nomeada data.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica