Cruz da evanxelización de América

N 42° 7' 5.03"
W 8° 51' 1.71"

A cruz da evanxelización de América é unha réplica exacta da cruz que levou o papa Xoán Pablo II na súa visita pastoral a América en 1992. Está colocada nun lateral do interior da ex-Colexiata e foi entregada en nome do pontífice a esta Real Vila por monseñor Carlos Amigo, arcebispo de Sevilla, o día 12 de outubro de 1993, nun acto ó que asistiron trece bispos de América e España e máis de 200 curas, e do que foron testemuñas cinco milleiros de persoas chegadas de todos os lugares do país.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica