Virxe da Rocha

N 42° 7' 12.3918"
W 8° 51' 7.848"

Virxe da Rocha

É, probablemente, pola súa peculiar concepción, o monumento máis coñecido do municipio. Foi construído en granito sobre as rochas do monte de San Roque polo grande arquitecto porriñés Antonio Palacios, autor de edificios e arquitecturas destacadas de estilo modernista. A obra foi inaugurada en 1930, ten 15 metros de altura e representa a Virxe sostendo na súa man dereita unha barca-miradoiro á que se accede por unha escaleira interior de caracol realizada en pedra. A cara e as mans da Virxe son de mármore branco, obra de Ángel García, e a súa coroa foi construída en porcelana.

A carón do monumento levantouse máis tarde un parque recreativo de gran superficie, dotado de Vía Crucis, bancos e mesas de pedra, no que se celebra o último domingo de agosto a popular romaría dedicada á Virxe.

Horario e prezo de visita

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica