Casa de Lourenzo Correa (Concello)

N 42º 7' 8.079"
W 8º 50' 59.3988"

casa Correa

Mandadouna construír en 1757 don Lourenzo Correa e Araújo, alcalde de Cuernavaca (México) e Pontevedra. En 1942 adquiriuna o Concello para convertela en casa do concello. O edificio ten 630 m2 de superficie, distribuídos en dúas plantas e un torreón. Dous escudos amosan os brasóns das familias Correa, Sotomayor e Troncoso de Lira. Entre ambos escudos, o Concello colocou o da vila, existente no antigo consistorio.

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica