Baiona: Quality Coast Gold Award

 

Baiona ostenta oQuality Coast Gold Award”, premio internacional que distingue a calidade ambiental costeira para un turismo sostible, concedido no ano 2013 entre máis de 1.000 candidatos e renovado posteriormente, sendo o primeiro en recibilo en Galicia.

 

Quality Coast é o maior programa internacional de certificación de turismo sostible que premia a sostenibilidade de destinos turísticos costeiros en toda Europa.

Este programa está xestionado pola Coastal & Marine Union - EUCC, con sede en Holanda, a maior asociación europea adicada á conservación das nosas costas.

A diferenza de outras ecoetiquetas que se centran en aspectos concretos como as praias ou establecementos de hostelería, Quality Coast ten en conta os esforzos levados a cabo no campo do turismo sostible en todo o destino objectivo, pobos, illas e pequenas rexións costeiras.

Quality Coast evalúa ós participantes en base a cinco criterios (Natureza; Medio Ambiente; Identidade e Cultura; Turismo e Negocios; Hospitalidade da Poboación e Seguridade), e os premia no caso de alcanzar un resultado de "excelencia" nun ou máis deles, obtendo un premio Quality Coast Bronce (para excelencia nunha categoría), Plata (en dúas), Ouro (tres ou catro categorías) ou Platino (nas cinco categorías).

Esta certificaación ubica a Baiona como un dos 100 destinos sostibles do mundo dende 2016 o que o levou á consecución, en 2019, do 2º premio na categoría de "Mellor destino costeiro" outorgado no marco da Feira Internacional do Turismo de Berlín (ITB).

Trala última auditoría de sustentabilidade, en 2019, os resultados foron os seguintes:

Máis información