Sistema integral de calidade turística en destino (SICTED)

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) está auspiciado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e financiado pola Secretaría de Estado de Turismo (SET). O proxecto, cuxo obxectivo é alcanzar un nivel de calidade homoxéneo dentro dun mesmo municipio, tivo os seus 8.001 empresas e servizos adheridos e 5.544 distinguidos, de 35 oficios diferentes, relacionados con turismo.

Baiona, conxuntamente cos 7 destinos do antigo "Club de Municipios de Excelencia Turística da España Verde", hoxe en día "Asociación Vilas Mariñeiras", foi un dos grandes beneficiados coa posta en marcha do devandito plan.

No ano 2.004, a través dunha subvención concedida a Vilas Mariñeiras, os destinos pertencentes nese momento á asociación, comezamos coa fase de implantación do proxecto, certificando finalmente 21 establecementos e servizos públicos do noso municipio.

No ano 2014, a través do proxecto "Innovatur Baiona", deuse un forte impulso na implantación do sistema en máis de 40 empresas.

Actualmente, hai 40 empresas e servizos de Baiona distinguidos co premio ao compromiso de calidade. Son os seguintes:


ALOXAMENTO

 

RESTAURANTES E CAFETERÍAS

 

COMERCIO

  

PORTOS DEPORTIVOS

 

AXENCIAS DE VIAXES

 

SERVIZOS

 

A renovación dos distintivos realizarase cada dous anos. Até entón, os participantes deberán asistir a diferentes xornadas de formación, talleres,… e realizar unha avaliación de seguimento. Todas estas actuacións serán obrigatorias para unha posterior renovación.

Sendo conscientes de que este proxecto implica unha mellora da calidade global dun destino turístico, o Concello de Baiona apostará pola súa continuidade, asegurando a captación de novas empresas e servizos públicos.